Tres días de festa do 1 ao 3 de agosto para exaltar o Pemento da Arnoia

Captura de pantalla 2025-07-30 130825Os vindeiros 1, 2 e 3 de agosto celébrase no concello ourensán da Arnoia a XLVI Festa do Pemento, un dos emblemas gastronómicos do municipio e que conta con selo de calidade diferenciada.

Ademáis da celebración gastronómica arredor deste producto autóctono de Galicia tamén haberá un amplo programa de actividades para todos os públicos. Velaquí a axenda:

VENRES DÍA 1 DE AGOSTO

21:00h Recepción de autoridades e inauguración oficial da XLVI Festa do Pemento acompañados do Grupo de Gaitas Airiños da Arnoia
21:15h Acenderanse os fogóns e comezara a fritura dos pementos
21:45h Pregón a cargo de Alfredo Dourado vocalista e director do Grupo a Roda
22:45h Actuación musical no recinto a cargo do Grupo A Roda
00:30h Comezo da verbena ca actuación da Orquesta Espectáculo Panorama
02:00h DJ MARIO
02:25h De novo e ata o remate da verbena Panorama

SÁBADO DÍA 2 DE AGOSTO

10:30h Concentración «A Arnoia» de Vehículos Clásicos
12:15h Acendemos os fogóns para comezar a fritura dos pementos de Arnoia
12:30h Actuación da Charanga BANDIÑOS BAND
13:00h Chegada ao recinto da festa dos Vehículos Clásicos
17:00h Gran festa infantil na area recreativa do Inquiau: xogos, espuma, olimpiadas…
20:30h Acendemos de novo os fogóns para continuar ca fritura dos pementos
21:00h IX Festival de Pandeireteiras “Arnoia Viva”: Celavella, Queixume dos Pinos, Airiños da Arnoia e O Forrollo & Feitizo de Pau
23:30h Verbena a cargo da Orquestra Charleston Big Band
01:30h Troula con Disco Móvil con MVP
02:00h Volve Charleston Big Band para continuar ca verbena
03:30h Ata o remate de novo Disco Móvil con MVP

DOMINGO DÍA 3 DE AGOSTO

12:15h Volvemos comezar de novo ca fritura dos pementos
12:30h Misa e ofrenda dos froitos da nosa terra no campo da festa * CORAL CANTORES DE ARNOIA
13:15h Actuación a cargo da Charanga CLK
20:00h Volvemos a comezar ca fritura dos pementos de Arnoia
20:15h De novo nos acompaña no recinto a Charanga CLK
23:00h Actuación do grupo de versión Dr. Slump Banda

programa pemento arnoia 2025

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información