Trazo e Curtis acollen cursos sobre competencias empresariais nas ganderías

A formación en ambos concellos impartirase a vindeira semana. Teñen unha duración de 30 horas e desenvólvense ó longo de 6 días

Publicidade
Trazo e Curtis acollen cursos sobre competencias empresariais nas ganderías
Data inicio: 25/10/2022
Lugar: Concello de Trazo Centro Social Polivalente, Viaño Pequeno, España

A Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, celebrará a próxima semana dous cursos en Trazo e Curtis sobre competencias empresariais nas ganderías. A formación de Trazo empeza o vindeiro martes 25 de outubro e celebrarase no Centro Social Polivalente de Trazo. O taller de Curtis, pola súa banda, comeza o mércores 26 de outubro no Centro Etnográfico Río Mandeo. Ambos cursos desenvolveranse ao longo de 6 días en horario de 9:30 a 14:30 horas e terán unha duración total de 30 horas.

O eixo central desta formación é dotar ós empresarios gandeiros dunha visión máis ampla do potencial sobre a súa actividade gandeira co fin de procurar un maior valor engadido e innovación nas súas actividades. Para iso, achegaranse coñecementos sobre ferramentas relacionadas especialmente co ámbito do control e a xestión dos custos que contribúan á mellora da eficiencia das ganderías. Así, darase formación relacionada coa aplicación informática Conta Láctea, creada pola Xunta para mellorar a xestión profesionalizada das granxas, así como para facilitar ós gandeiros o cálculo dos seus custos de produción e, consecuentemente, do prezo de venda do seu leite. O obxectivo último é mellorar a posición negociadora dos gandeiros en relación cos prezos dos seus produtos.

Esta iniciativa formativa está dirixida en xeral a calquera persoa vinculada profesionalmente cos sectores produtivos relacionados coa agricultura, gandaría, industria agroalimentaria e cadea forestal-madeira, así como a mozos e mozas do medio rural galego e a persoas con expectativas de incorporación ao sector.

As persoas interesadas en participar nestes cursos deberán formalizar a inscrición que figura xunto coa información do curso no catálogo de accións formativas deste 2022 da Consellería de Medio Rural. O coordinador porase en contacto coas persoas interesadas a través do correo electrónico comunicándolle se están ou non admitidas. Para consultar calquera dúbida, pode chamarse ao teléfono 609 832 862 ou enviar un correo a atorres@epseaga.com.

.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información