Recomendan tratar contra o verme da mazá

Publicidade
Recomendan tratar contra o verme da mazá

Verme da mazá (Cydia pomonella)

A Consellería do Medio Rural ven de emitir un aviso fitosanitario sobre as principais pragas que afectan ás maceiras e os tratamentos recomendados. Reproducímolo a continuación:

Pulgón cincento (Disaphys plantaginea)
Estamos rematando o período crítico para o ataque deste pulgón en mazá de mesa, mentras que nas variedades de sidra seguimos en época de perigo. O período crítico vai desde o callado do froito ata que ten o tamaño dunha avelá (25 mm). So é perxudicial en maceira. Cara finais deste mes aparecen as femias aladas, que migran á Correola (Plantago sp.) onde desenrola varias xeracións, volvendo a finais de outono a poñer os ovos na maceira.

Pulgón verde (Aphis pomi)
Estase observando un incremento na súa incidencia.

Pulgón laníxero (Eriosoma lanigerum)
Comezan a verse colonias algodonosas que se alimentan chuchando o zume da codia leñosa ou herbácea de gromos e pólas. Estamos no período crítico para a maceira, que vai de maio a agosto. As maceiras enxertadas nos patróns clonais MM (Malling Merton) son resistentes a esta praga.

Verme da mazá (Cydia pomonella)
Os 60 grados/día (insecticida-ovicida), acadáronse o día 4 de xuño, e os 90 grados/día (insecticida-larvicida) acadáronse o día 8 de xuño (93,6 grados/día). Para máis información Ver Boletín Fito dos días 13/05/2016 e 03/06/2016. Capturas semanais (16/06/2016):
• Aranga (C): 34
• Bergondo (C): 6
• Sada (C): 48
• A Estrada (PO): 30

Estas capturas corresponden á 1 ª xeración, sendo ésta a máis perigosa das dúas que ten, polo que debemos esforzarnos en controlala ben co fin de reducir o número de individuos da segunda. En ocasións, dependendo do ano, pode aparecer unha terceira xeración, aínda que pouco importante. Cando se acaden os 600 grados/día desde o primeiro vóo do ano, comenzará a 2ª xeración. A día de hoxe, levamos acumulados 324,8 grados/día.

“Orugueta del almendro” (Aglaope infausta)
Estanse comenzando a detectar danos provocados por este lepidóptero defoliador na zona de Liber, entre os concellos de Becerreá e Cervantes. Como ven comunicándose, trátase dunha praga máis frecuente no centro e sur da península que en Galicia, ten preferencia polas especies silvestres e cultivadas dos xéneros Prunus sp. e Crataegus sp., pero tamén pode atacar a maceiras e pereiras. Esta praga detectouse por primeira vez en Galicia no ano 2008.

Gurgullo da flor (Anthonomus pomorum)
Sin incidencias.

Moteado (Venturia inaequalis)
Estamos rematando a época máis crítica para as infeccións primarias nas variedades de mesa e a mayoría das de sidra. A partir do mes de xullo, comenzarán as infeccións secundarias.

Oidium (Podosphaera leucotricha)
Época de perigo alto.

Recomendacións

Recoméndase aplicar un insecticida sistémico contra Pulgón verde e Pulgón laníxero, que tamén nos protexerán contra o Verme da mazá, xa que as cazas nas trampas de seguimento superan o limiar de capturas en todas as localidades. Canda este, debemos de dar un funxicida sistémico para previr os posibles ataque de fungos. Non esquecer a alternancia de materias activas co fin de impedir a aparición de resistencias.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información