Traspásase explotación de coellos en funcionamento en Catoira

Traspásase explotación gandeira en funcionamento no concello de Catoira. Actualmente está acondicionada para coellos, pero podería reconvertirse para ser destinada a outra actividade gandeira.

A explotación atópase en Coaxe e dispón de 6 naves, que suman uns 1.500 metros cadrados totais construídos. Existe a maiores posibilidade de alugar unha parcela de terreo de 500 metros cadrados ao lado das naves actuais.

Na actualidade esta explotación cunícola conta con 800 nais, aínda que ten capacidade para ampliar o número de reprodutoras até as 1.300.

Entre o gando co que conta actualmente hai nais preñadas, outras con crías e engorde listo para vender, o que posibilita continuar xerando ingresos da actividade desde o mesmo momento inicial. Ao mesmo tempo, a explotación conta tamén cunha elevada carteira de clientes para vendas de abono.

Os interesados poden chamar, preferentemente polas mañás ou durante as fins de semana, ao teléfono 649 346 422 (Manolo).

A explotación conta con varias naves cunha superficie total construída de 1.500 metros cadrados

A explotación consta de seis naves cunha superficie total construída de 1.500 metros cadrados

Neste momento hai 800 nais na gandería, pero a capacidade das instalacións permite acoller a 1.300 reprodutoras

Neste momento hai 800 nais, pero a capacidade das instalacións permite acoller a 1.300 reprodutoras

 
A explotación cunícola atópase en Coaxe, no concello de Catoira

A explotación cunícola que se traspasa atópase en Coaxe, no concello de Catoira

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información