As trampas eléctricas reducen case un 90 % a presión das vespas asiáticas sobre as colmeas

Un estudo realizado por persoal investigador da Universidade de Vigo e da Universidade de Santiago de Compostela demostra a efectividade da aplicación de arpas eléctricas contra o impacto da Vespa Velutina nos apiarios

As trampas eléctricas reducen case un 90 % a presión das vespas asiáticas sobre as colmeas

Exemplo de arpa electrónica Vespa Velutina. / Fonte: Rojas‐Nossa, S. V., Dasilva‐Martins, D., Mato, S., Bartolomé, C., Maside, X., & Garrido, J. (2022)

A predación da Vespa velutina afecta ao conxunto do enxame, desde as dinámicas de busca de alimento das abellas, á cría ou á súa supervivencia xeral. A aplicación de arpas eléctricas na entrada das colmeas xunto á posta en marcha de medidas complementarias, como erradicar os niños de preto, son algunhas medidas eficaces para o control desta especie invasora.

Para demostrar isto, o estudo ‘Eficacia das arpas eléctricas para reducir a presión de depredación de Vespa velutina consecuencias para o desenvolvemento das colonias’, levado a cabo por investigadores das Universidade de Vigo e Santiago de Compostela, fixo un traballo de campo en tres apiarios galegos, permitindo comprobar as posibilidades desta ferramenta.

Resultados e conclusións

A disposición das arpas eléctricas nos apiarios da mostra reduciu case un 90% a presión de depredación de Vespa velutina sobre a poboación de Apis mellifera. “En xeral, as colmeas protexidas amosaron un 88,8% menos de presión de depredación que as non protexidas. A taxa de avispóns capturados diante das colmeas variou entre os tratamentos aplicados, pero amosou unha tendencia xeral a aumentar a medida que avanza o verán, seguindo a tendencia natural da poboación”, detalla o traballo de investigación.

“As colmeas protexidas amosaron un 88,8% menos de presión de depredación que as non protexidas”

A supervivencia durante o inverno nas colonias da mostra variou en función da presión de caza observada. Naquelas con alta incidencia de Vespa velutina, as que estaban protexidas con arpas rexistraron un 25% máis de supervivencia, aproximadamente, que as que non tiñan ningún tipo de protección.

Nas colmeas de presión intermedia, marcouse en maior medida esta diferencia, habendo un 50% máis de supervivencia, aproximadamente,  nas colmeas protexidas fronte ás que non o estaban. En definitiva, o estudo fai referencia a que “a supervivencia invernal foi do 77,8% nas colonias protexidas e do 55,6% nas non protexidas”.

Gráfico sobre a presión da depredación en colmeas protexidas e desprotexidas. / Fonte: Rojas‐Nossa, S. V., Dasilva‐Martins, D., Mato, S., Bartolomé, C., Maside, X., & Garrido, J. (2022)

Gráfico sobre a presión da depredación en colmeas protexidas e desprotexidas. / Fonte: Rojas‐Nossa, S. V., Dasilva‐Martins, D., Mato, S., Bartolomé, C., Maside, X., & Garrido, J. (2022)

Igualmente, outra das cuestións observadas na investigación foi a importancia do acceso aos recursos. Aínda que as cantidades de mel e pole da colmea -na maior parte dos casos analizados- non foi significativamente afectada, aquelas que non tiñan ningunha protección tiveron menos ingresos de pole, unha cuestión agudizada en función do mes. Este parámetro evolucionou en paralelo á actividade das obreiras recolectoras, do que se entende que protexer as colmeas ten un efecto positivo sobre a dinámica da colmea.

Ademais, a cantidade de cría e a busca de alimento víronse substancialmente afectadas pola presión da depredación e o efecto do mes. Por iso, o estudo sinala que “a cantidade de cría era menor nas colmeas non protexidas que nas colmeas protexidas, sobre todo nas colmeas con  maior presión de caza”. Este factor trae como consecuencia que “as obreiras dos enxames sen arpas eléctricas teñen un 6,7% menos de masa corporal que os individuos das colmeas protexidas”, amplía.

“As traballadoras dos enxames sen arpas eléctricas pesan un 6,7% menos cas obreiras de colmeas protexidas”

Esta investigación conclúe que as arpas eléctricas contribúen amplamente a mitigar o impacto desta avisa invasora, isto é, tanto a disipar os efectos da parálise das colmeas que afecta a búsqueda de alimento e, por tanto, a cantidade e cualidade da cría, como a aumentar a supervivencia invernal das colonias. Sen embargo, o estudio suxire que nalgúns casos é necesario poñer as arpas xunto a outras medidas, especialmente durante os períodos de maior presión depredadora, como por exemplo, facilitar o acceso a alimento.

PORTADA Exemplo de arpa electrónica Vespa Velutina-min

En que consisten as arpas e como se dispoñen?

Esta investigación parte dun experimento realizado de xullo a outubro de 2020 en tres apiarios do suroeste de Pontevedra, con diferentes ecosistemas e contextos medioambientais. Dentro de cada un deles dispuxéronse dúas zonas conformadas por seis colmeas cada unha, unha con arpas eléctricas e outra sen elas, e separadas entre elas por máis de 20metros. As colmeas colocáronse en liña cun espazo de 20 a 30cm entre elas, e coa entrada disposta na mesma dirección.

Esta trampa é un invento de apicultores galegos e consiste nun marco con cables verticais paralelos conectados alternativamente aos polos positivo e negativo dun circuíto eléctrico. Os avispóns que pasan voando reciben unha descarga eléctrica cada vez que tocan dous cables consecutivos, paralizándoos durante uns segundos e caen nunha gaiola inferior con paredes de malla que permite escapar aos insectos máis pequenos, mentres que aqueles máis grandes, como é o caso das Velutinas, baixarían a unha botella. As arpas eléctricas puxéronse perpendicularmente ás entradas das colmeas, entre dúas contiguas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información