Trampas de feromonas sintéticas, clave para combater a avelaíña do acio de forma sustentable

O uso de feromonas sintéticas unha práctica económica e fácil de realizar pola que están a apostar as tres cooperativas da subzona do Salnés

Publicidade
Trampa de feromonas sintéticas. Foto: CRDO Rías Baixas

Trampa de feromonas sintéticas. Foto: CRDO Rías Baixas

A sustentabilidade na Denominación de Orixe Rías Baixas é unha realidade. Así o demostran no seu día a día as súas adegas e viticultores con diferentes proxectos e prácticas que fomentan o respecto ao medio ambiente e contribúen a manter a flora e a fauna autóctona. O uso de feromonas sintéticas para combater a avelaíña de acio é unha desas prácticas sostibles que se está desenvolvendo en Rías Baixas, concretamente na subzona do Salnés, e está liderada polas tres cooperativas: Condes de Albarei, Martín Códax e Paco e Lola. Unha tarefa económica e fácil de realizar para os viticultores, que conta co beneplácito do Consello Regulador.

Para que sexa efectivo o uso de feromonas sintéticas contra a avelaíña de acio necesítase unha superficie mínima de 3 hectáreas. Por iso é primordial que todos os viticultores desta denominación se sumen a esta práctica de maneira xeneralizada, tal e como xa fan en moitas outras denominacións de orixe españolas. A través deste modelo de viticultura sustentable e moderna, presente xa nesta Denominación de Orixe, substitúense os produtos químicos por outros máis respectuosos co medio ambiente.

2025 é o momento de universalizar en Rías Baixas o uso de feromonas sintéticas. Por iso, os servizos técnicos das tres cooperativas poñen a súa experiencia e asesoramento ao dispor de calquera viticultor e adega da D.O. que se queira sumar a esta práctica sostible e económica. De feito, esta feromona sintética é moi fácil de adquirir, pois pódese comprar en calquera tenda agrícola habitual.

Marzo, mes idóneo

E agora é o momento de facelo porque, como explican desde estas tres cooperativas do Salnés cuxa experiencia neste proxecto ten a súa orixe en 2019, o mes de marzo, coincidindo co inicio da brotación, é o mellor momento para colocar as feromonas sintéticas no viñedo. O obxectivo é estar preparados para a primeira xeración da avelaíña de acio, que conta con tres camadas, porque ao actuar sobre a primeira delas conséguese ir debilitando as seguintes xeracións.

Como funciona este sistema?

Trátase dunha feromona sintética idéntica á que emiten as femias avelaíña para atraer aos machos. Desta maneira impídese que ambos os insectos se atopen para reproducírensee. Así evítase que depositen os ovos sobre as uvas e que as larvas perforen o froito, producindo así a temida botrite.

Avelaíña do acio

Avelaíña do acio

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información