Tráfico non multará aos vehículos agrícolas que non puidesen pasar a ITV en Galicia

Tráfico non multará aos vehículos agrícolas que non puidesen pasar a ITV en Galicia

A Delegación do Goberno en Galicia informa de que non se denunciará aos vehículos agrícolas que non puidesen pasar a ITV polos retrasos nas inspeccións móbiles. Dende o Goberno central culpan desta situación “á imposibilidade por parte da Xunta, que ten a competencia exclusiva, de realizar os trámites nalgúns concellos do rural galego”.

A directriz que enviou a Delegación do Goberno establece que “non procede formular denuncia aos vehículos agrícolas que circulen a partir do 10 de novembro de 2020 coa inspección técnica caducada se queda acreditado que non puideron pasar a inspección con anterioridade a esta data, de acordo co calendario de ITV móbiles”.

Esto facilita o labor dos profesionais do rural, que quedaban nunha situación complexa, pois necesitarían desprazarse ás estacións fixas, o que provoca problemas de circulación, aglomeracións e gastos importantes.

Ante os retrasos ata febreiro das inspeccións móbiles, o delegado do Goberno trasladou ao vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, a información para pedirlle que valore a posibilidade de tomar medidas. Na misiva remitida a principios desde mes lembrou que a execución e funcionamento das Inspeccións Técnicas de Vehículos é unha competencia exclusiva da Comunidade Autónoma.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información