“Traballamos todo o ano as viñas coa idea de que non nos deixarían caer”

A concentración de viticultores na Ribeira Sacra urxe medidas para que non quede uva sen recoller e para que se pague a prezos dignos. Se non hai solucións, a próxima semana mobilizaranse en Lugo ante a delegación da Xunta

Publicidade
“Traballamos todo o ano as viñas coa idea de que non nos deixarían caer”

A Ribeira Sacra encara unha campaña de vendima coa perspectiva de que quede máis dun millón de quilos de uva nos viñedos. Os stocks de excedentes de viño tinto que acumulan as adegas levaron á principal adega da denominación, Rectoral de Amandi, a suspender este ano as compras de uva ós seus proveedores habituais, unha liña na que tamén se están pronunciando outras adegas.

“Entre un millón e dous millóns de Kg. de uva tinta van quedar sen recoller”, calcula David Álvarez, viticultor e portavoz do Sindicato Labrego na protesta de hoxe en Monforte de Lemos, ante a sede do Consello Regulador da Ribeira Sacra. “Esta situación vén de atrás e traballamos todo o ano as viñas con incertidume, na idea de que non nos ían deixar caer, pero agora vemos que vai ser así”, opina.

David Álvarez, en declaracións ós medios na concentración.

David Álvarez, en declaracións ós medios na concentración.

Unións Agrarias e Sindicato Labrego concentraron hoxe a centos de persoas ante a sede do Consello Regulador da Ribeira Sacra, nunha mobilización na que pediron que “non quede ningunha uva sen recoller e que se pague a prezos dignos”. “Se esta vendima queda uva sen recoller, desaparecerán viticultores e perderase parte desa paisaxe da Ribeira Sacra que se quere convertir en Patrimonio Mundial da Humanidade”, advirte Félix Porto, de Unións Agrarias.

“As viñas quedarán a monte”, opina tamén David Álvarez, que cuestiona as medidas anunciadas por Medio Rural para encarar o problema. “As axudas que anunciaron non serven de nada, tendo en conta os custos de produción nesta denominación de orixe”, cuestiona.

“Ningún viticultor quere subvencións, senón que se lles solucione a venda da uva -intervén Félix Porto-, pero se queren lanzar esas axudas, en ningún caso deberían ser liñais. Haberá que axudar ós viticultores que non poden vender a uva, non facer unha axuda plana por hectárea para todos”, valora.

Trala concentración de hoxe, se non hai movementos por parte de Medio Rural, as organizacións agrarias anuncian unha nova mobilización o venres que vén ante a delegación da Xunta en Lugo.

Carteis exhibidos na concentración.

Carteis exhibidos na concentración.

Solucións estruturais
De cara ó futuro, Unións e Sindicato Labrego demandan tamén a convocatoria dunha mesa técnica que aborde cuestións como a reestruturación de viñedos, cara uva branca, ou a limitación das plantacións das adegas. “Estivemos vendo os últimos anos grandes plantacións de mencía das adegas, apoiadas pola Xunta, e agora os viticultores pagamos as consecuencias”, sostén David Álvarez.

Un momento da protesta.

Un momento da protesta.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información