Muxindo o Futuro é o nome do programa mediante o cal a empresa láctea Naturleite en colaboración coa Cruz Vermella queren dar formación a persoas migrantes para que poidan traballar en ganaderías de vacún de leite. Cinco traballadores procedentes de Mali e de Senegal son os primeiros participantes nunha iniciativa que se está a desenvolver en granxas provedoras de Naturleite.
A formación dos futuros empregados vaise prolongar por espazo de catro semanas. Nese tempo aprenderán aspectos teóricos relacionados co sector lácteo galego, os ciclos produtivos das vacas e o manexo básico do gando. Na parte práctica, que se desenvolve nas ganderías que participan no proxecto, participarán nas tarefas diarias de alimentación, muxido e coidado das vacas.
Naturleite e Cruz Vermella queren así facilitar a inserción laboral e social de persoas migrantes e responder a necesidade de man de obra especializada que precisa o sector lácteo de Galicia e que garanta a súa sustentabilidade a medio e longo prazo.
A directora xeral de Naturleite, María Jesús Peteira, afirmou que Muxindo o Futuro “encaixa plenamente co compromiso social e territorial da empresa. Apostamos polo desenvolvemento sustentable do rural galego e eso pasa por dar resposta os retos que nos trasladan os nosos gandeiros e por crear oportunidades para persoas que desexan integrarse e aportar ao noso tecido produtivo”.
Matilde Hernández, directora dos Servizos Técnicos de Campo de Naturleite, sinalou que “a formación está deseñada cun enfoque práctico e adaptado á realidade das ganderías. O obxectivo é que, ao finalizar o programa, as persoas participantes conten cos coñecementos básicos necesarios para incorporarse ao traballo no sector cun nivel axeitado de autonomía”.
Para María Fernández, técnica do Plan de Emprego de Cruz Vermella, “a través desta iniciativa desenvolvida en colaboración con Naturleite, persoas migrantes atopan unha oportunidade real de integración laboral. Poden formarse nun sector con alta demanda, mentres que os gandeiros teñen a posibilidade de incorporar e formar persoas con grandes dificultades de acceso ao emprego, nun ámbito que necesita urxentemente man de obra cualificada.”
Naturleite, pertencente o Grupo COVAP e ubicada no concello lugués de Meira, elabora diferentes produtos lácteos. Conta cunha plantilla de más de 115 traballadores directos e recolle leite de arredor de 130 ganaderías. Anualmente envasa máis de 115 millóns de litros de leite, entre UHT e fresco.
Segundo manifestan, o seu principal compromiso é “facer de conexión responsable entre dous dos eslabóns da cadeaa alimentaria, os gandeiros e a distribución, para facela sustentable e coherente.”
Cruz Vermella Española ten a misión de “previr e aliviar o sufrimento humano, protexer a vida e a saúde e facer respectar as persoas.” Conta con máis de 248.000 personas voluntarias en 1.263 municipios, o que permite atender anualmente a máis de 11,9 millóns de persoas nos ámbitos nacional e internacional. E co apoio de 1,3 millóns de socios, empresas e alianzas en todos os sectores da sociedade.
Galego









Control OJD