A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Torneiro Maquicoruña amplía a súa presenza en Galiforest 2026 cun stand de 210 m² e demostracións de maquinaria forestal

A empresa participará na 8ª edición da feira, do 2 ao 4 de xullo en Sergude, con escavadoras Hidromek, vehículos Corvus, procesadores forestais, rodaxes e outros equipos

Publicidade

visitantes Torneiro Galiforest Torneiro Maquicoruña participará do 2 ao 4 de xullo na oitava edición de Galiforest Abanca, a feira forestal referencia en España, que se celebrará no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Sergude, en Boqueixón.

A compañía contará este ano cun stand de 210 metros cadrados, case o dobre de superficie que na edición anterior, no que presentará unha ampla selección de maquinaria e solucións dirixidas ao sector forestal. Entre os equipos expostos, destacarán escavadoras e mixtas Hidromek, vehículos multiusos Corvus, procesadores forestais, rozadoras teledirixidas, rodaxes BYG e outros implementos e accesorios orientados a traballos no monte.

Alén do espazo expositivo, Torneiro Maquicoruña disporá dunha zona de demostracións na que os visitantes poderán ver maquinaria Hidromek traballando con implementos en condicións reais. Esta área permitirá comprobar de primeira man o rendemento, a versatilidade e a capacidade de adaptación dos equipos ás esixencias do traballo forestal.

A presenza de Torneiro Maquicoruña en Galiforest 2026 reforza a súa aposta por achegar ao sector solucións profesionais para traballos forestais, agrícolas, de obra pública e mantemento, combinando maquinaria, asesoramento técnico e servizo posvenda.

O vehículo UTV Corvus Terrain, na caseta de Torneiro na anterior edición de Galiforest

O vehículo UTV Corvus Terrain, na caseta de Torneiro na anterior edición de Galiforest

A empresa tamén preparou diferentes actividades para os visitantes, entre elas unha ruleta con premio asegurado, o sorteo de dúas maquetas Hidromek, xogos para pequenos e adultos e un foodtruck.

Nesta edición, Galiforest Abanca consolídase como un dos principais puntos de encontro para empresas, profesionais e axentes de toda a cadea monte-industria, reunindo durante tres días a fabricantes, distribuidores, empresas de servizos, propietarios forestais e profesionais vinculados o sector, nunha contorna real de traballo.

stand Torneiro Galiforest

Sobre Torneiro Maquicoruña

Torneiro Maquicoruña, unha das compañías que integran o Grupo Empresarial Torneiro, está especializada na venda e alugueiro de maquinaria para construción, obra pública, sector forestal, agricultura e mantemento. A empresa traballa con marcas de referencia e ofrece solucións adaptadas ás necesidades de profesionais e empresas, con asesoramento comercial, servizo técnico e soporte posvenda.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *