Territorios Pastoreados 7, o foro de referencia en España para a gandaría extensiva e o pastoreo, celebrarase en Lugo do 18 ao 21 de setembro

FONLOR_VACAS_RUBIA_GALEGA_06_STANDARA sétima edición do congreso Territorios Pastoreados (TP7) celebrarase en Lugo do mércores 18 ao sábado 21 de setembro de 2024. Este encontro, organizado  pola Fundación Entretantos en colaboración coa Sociedade Galega de Pastos e Forraxes e unha ampla rede de entidades colaboradoras, consolidouse como un dos eventos europeos e o principal congreso nacional para o intercambio de coñecementos e experiencias no ámbito da gandaría extensiva e o pastoreo.

Este evento reúne a gandeiros/as, profesionais, investigadores/as, xestores/as, administración, consumidores/as, estudantes,  e está aberto a calquera persoa interesada en debater, coñecer e informarse sobre  o presente e o futuro do pastoreo e a gandaría extensiva, como unha actividade que fomenta a sustentabilidade social e económica dos territorios rurais e que contribúe á conservación dos nosos ecosistemas.

Territorios Pastoreados (TP7) articúlase a través de conferencias, obradoiros, mesas redondas, proxeccións documentais e visitas de campo: Un programa no que participan máis de 30 relatores que a través de espazos de debate abertos ao público, abordan diferentes experiencias e temas como o consumo, a posta en valor e diferenciación de produtos procedentes de gandaría extensiva, a diversificación económica do pastoreo, a gandaría como instrumento de conservación, o pastoreo na xestión tradicional de montes, a adaptación ao cambio climático ou a transhumancia, entre outros moitos. Todo isto nun momento moi especial e crítico para este sector, onde a propia ONU declarou 2026 como “Ano Internacional dos Pasteiros e do Pastoreo”.

Nesta xornada poderase visitar o primeiro matadoiro móbil público en España, pertencente á Xunta de Galicia. Este matadoiro, que permite o sacrificio de proximidade, e que ofrece un servizo de refrixeración e envío até o consumidor final de canles en Galicia, é unha experiencia que pode facer viable o futuro de moitas explotacións de gando menor, permitindo a comercialización directa dos seus produtos.

Durante o congreso terá lugar a presentación da exposición aberta ao público “Tras os ollos do pastor”, de Zacarías Fievet, pastor de alta montaña e autor das fotografías así como unha cata de carne de ASGAFON,Ternera Gallega Suprema, Son de Lugo. TP7 desenvolverase na Escola Politécnica Superior de Lugo pertencente á Universidade de Santiago de Compostela, e o matadoiro móbil estará instalado no seu aparcadoiro.

Neste evento trátase ademais de fortalecer  as redes locais e internacionais en torno ao pastoralismo co fin de promover a súa posta en valor e  dar a coñecer o impacto positivo da gandaría extensiva tanto nas vidas e economías das persoas e comunidades rurais como nos espazos naturais e ecosistemas.

A asistencia a Territorios Pastoreados é gratuíta, aínda que é necesario realizar unha  inscrición previa, enchendo este formulario dispoñible tamén na web https://www.entretantos.org/ e https://www.ganaderiaextensiva.org/ onde ademais pódese acceder a toda a información e ao programa destas xornadas.

*As entidades colaboradoras que fan posible este congreso son:

Vicepresidencia. Deputación de Lugo
Plataforma por la Ganadería Extensiva y el Pastoralismo (PGEP)
Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO)
International Year of Rangelands and Pastoralist
Ministerio de Derechos Sociales – Agenda 2030
Fundación Funpasos
Proyecto #NaturalezaPastoreada
Life ShepForBio
Universidade de Santiago de Compostela
Asociación de Criadores de Ovino e Caprino de Galicia (OVICA)

Para máis información pode escribir a: territoriospastoreados@entretantos.org

………..

 

Enlaces a materiales de Territorios Pastoreados #TP7 (cartel y programa):

PROGRAMA CON CARTEL TP7 (pdf)
galego: https://www.entretantos.org/tp7_programa_gal_territoriospastoreados_lugo_galicia_2024/
castellano: https://www.entretantos.org/tp7_programa_cas_territoriospastoreados_lugo_galicia_2024/

INSCRIPCIÓN: https://bit.ly/inscripcionTP7

CARTEL TP7 (jpg)
galego https://www.entretantos.org/_tp7_cartel_gal_lugosep24_territoriospastoreados/
castellano https://www.entretantos.org/_tp7_cartel_cas_lugosep24_territoriospastoreados/ territorios pastoreados 24 cas.png

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información