Terras Gauda impulsa un proxecto para a restauración da biodiversidade dos solos

Na iniciativa, que pretende mellorar a saúde integral do viñedo mediante a recuperación microbiana do terreo, participa unha adega biodinámica de Arxentina

Publicidade
NIDO VIÑEDO TERRAS GAUDA

Niño no medio un viñedo de Terras Gauda

A sustentabilidade ambiental centra un novo proxecto de I+D+i impulsado pola adega Terras Gauda e centrado en restaurar a biodiversidade dos chans. Con esta iniciativa de cooperación internacional, na que participa unha adega biodinámica de Arxentina, a firma galega pretende seguir facendo unha aposta de valor pola diferenciación no mercado.

O proxecto, denominado Bettersoil, ten como obxectivo “mellorar a saúde integral do viñedo grazas á reactivación da biodiversidade microbiana probablemente reducida”, en palabras de Emilio Rodríguez Canas, director enolóxico da adega galega. O proxecto desenvólvese no marco de EUREKA, unha iniciativa europea intergobernamental de impulso á I+D+i cooperativa. Terras Gauda lidera o proxecto, no que perticipan tamén a Universidade de Vigo e o INTA (Instituto Nacional de Tecnoloxía Agropecuaria) de Mendoza (Arxentina), e que conta cun orzamento total de 700.000 euros grazas a unha axuda cofinanciada de fondos FEDER da Unión Europea.

A novidade neste novo proxecto de I+D+i de Terras Gauda é que o pon en marcha en colaboración con Finca Von Wigstein (Alpamanta), unha adega arxentina que practica a vitivinicultura biodinámica e está situada en Mendoza, aos pés da cordilleira dos Andes, co valor experimental que supón dispoñer dos resultados de aplicar técnicas de intensificación ecolóxica entre unha adega do Hemisferio Norte e outra do Hemisferio Sur con climas, chans e variedades moi diferentes.

Galicia e Arxentina son zonas xeográficas con características edafolóxicas e climáticas completamente distintas, polo que o valor científico do proxecto é maior ao compartírense resultados máis amplos e reveladores

Así pois, o maior valor científico virá dado pola comparativa entre as conclusións obtidas por Terras Gauda e pola adega de Arxentina. Partimos de dúas latitudes contrarias: Hemisferio Norte-Hemisferio Sur, con viñedos a diferentes altitudes 50-170 metros no caso de Terras Gauda, ao redor de 950 no de Alpamanta; chans de lousa que achegan notas minerais fronte a tres tipos de texturas: areas, arxilas e limos; variedade branca, Albariño, en contraposición de tinta, Malbec, condicións climáticas tamén diferenciadas, así como as formas de cultivo. Unha información de sumo interese para corroborar a eficacia de introducir a intensificación ecolóxica no viñedo para mellorar a biodiversidade dos chans.

Intensificación ecolóxica

Terras Gauda traballa xa en verificar como e en que magnitude implementar manexos de intensificación ecolóxica mellora o funcionamento do sistema chan-planta dun importante agro ecosistema como é o viñedo. Farao observando os efectos directos nas comunidades microbianas do chan e a rizosfera (a parte de chan en contacto coas raíces vivas e que está baixo a influencia destas) e, indirectamente, na saúde e produtividade da vide, así como na calidade das uvas e do viño elaborado coas mesmas.

A intensificación ecolóxica é un conxunto de técnicas que abarcan accións conxuntas levadas a cabo no viñedo e consideradas de forma holística: osixenación precisa do chan mesmo na liña de cepas, uso de diversas cubertas vexetais, eliminación manual de brotes superfluos, abonado exclusivo con vermicompost e redución ao máximo da aplicación de fitosanitarios, entre outras.

A restauración da microbiota estimula a capacidade do sistema inmunitario vexetal para facer fronte de forma natural aos microorganismos prexudiciais para a vide

A adega analizará os cambios producidos pola aplicación destas técnicas no chan, a vide e o viño final realizando unha vinificación comparativa coa uva procedente dunha parcela testigo. “Cremos que os cambios na microbiota do chan veranse reflectidos nos microorganismos que nos atoparemos na parte aérea, fundamentalmente nas poboacións de fermentos e bacterias que tanto inflúen na vinificación”, prosegue Emilio Rodríguez Canas.

Por último, “a restauración da microbiota levaranos a un mellor equilibrio dos elementos esenciais para o chan e para as plantas. Isto desencadeará unha resposta específica na vide, a resistencia inducida, que estimula a capacidade do sistema inmunitario vexetal para facer fronte de forma natural aos microorganismos prexudiciais para a vide”, explica o director enolóxico.

Inicio da vendima a próxima semana

Instalaciones de la bodega Terras Gauda

Instalacións da adega Terras Gauda

O vindeiro luns 7 de setembro Terras Gauda iniciará a vendima coa previsión de que a colleita será excelente. A uva está nun momento óptimo de maduración e de calidade, debido ás boas condicións meteorolóxicas das últimas semanas, o que tamén incide na produción, máis elevada que en 2019. A adega prevé superar os 1,7 millóns de quilogramos na recolección para elaborar máis de 1,5 millóns de botellas dos viños Terras Gauda, Abadía de San Campio, Terras Gauda Etiqueta Negra e A Mar.

Terras Gauda revé superar este ano os 1,7 millóns de quilos de uva colleitados

A vendima desenvolverase baixo estritas medidas para velar pola seguridade dos traballadores, que realizarán o seu labor en grupos pequenos e identificados co obxectivo de evitar riscos de contaxio de coronavirus.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información