Terra de Godello, nova adega da Denominación de orixe Monterrei

A inclusión dos seus viños nesta Denominación de Orixe eleva a 29 o número de adegas certificadas

Publicidade
Terra de Godello, nova adega da Denominación de orixe Monterrei

Instalacións da adega Terra de Godello.

O comité de Certificación da Denominación de Orixe Monterrei reuniuse para valorar a certificación da adega Terra de Godello, S.L. (situada no Rosal, Oímbra – Ourense). Ao superar os requisitos necesarios, o comité pasa a certificar os seus viños baixo a tipoloxía branco Monterrei.

Esta certificación permite á adega incluír nas etiquetas das súas botellas as tirillas distintivas da D.O. Con esta nova inclusión, xa son 29 as adegas que foron rexistradas e certificadas pola D.O. Monterrei. Os viñedos desta D.O. esténdense por un total de 798,10 hectáreas, onde traballan 381 viticultores.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información