Ternera Gallega promociónase en Alemaña con vistas á exportación

A Identificación Xeográfica Protexida mantén estes días encontros co sector comercial cárnico e coa restauración de Berlín e Hamburgo

Ternera Gallega promociónase en Alemaña con vistas á exportación

Presentación de Ternera Gallega en Colonia, nun intre do 'show cooking'.

O plan de internacionalización de Ternera Gallega está a facer especial énfase en Alemañá, país no que a Identificación Xeográfica Protexida (IXP) conta cunha oficina comercial estable. Esta semana Ternera Gallega programou actos promocionais en Berlín –mañá 6 de maio-, e en Hamburgo, onte.

As accións céntranse no sector comercial cárnico, na gran distribución e nos canais Horeca (Hostelería, Restauración e Catering), así como nos medios de comunicación especializados. A finalidade das accións oriéntase a explicar os aspectos técnico – produtivos e comerciais da carne certificada por Ternera Gallega.

Estas sesións dan continuidade ás celebradas con anterioridade noutras cidades alemás como Colonia e Ahaus, que incluiron actos de ‘show cooking’ e de degustación das receitas cociñadas coa carne galega.

De xeito paralelo a estes actos, o director de Promoción da IXP, Luis Vázquez, e mailo delegado de Ternera Gallega en Alemaña, Hans Ulrich Schneider, aproveitaron para realizar visitas a industrias e comerciais de distribución cárnica, así como á gran distribución do sector Horeca.

Mercado
As vendas de Ternera Gallega centráronse ata agora tanto en Galicia como no resto do Estado, cunha pequena porcentaxe de exportacións de arredor do 1% a Portugal e Andorra. As perspectivas para os próximos anos pasan por lograr un mercado en Centroeuropa.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información