Terceira suba programada de Ternera Gallega, nun momento de calma tensa dos mercados

Terceira suba programada de Ternera Gallega, nun momento de calma tensa dos mercados

Unha semana máis, as canais de Ternera Gallega e Ternera Gallega Suprema volveron experimentar unha suba na sesión do Mercado Nacional de Gando de Amio. E é que A Mesa de Prezos da Indicación Xeográfica Protexida decidira por unanimidade, na sesión deste 8 de outubro, unha actualización dos prezos en tres fases, resultando esta terceira nunha subida de 0,08 €.

A asistencia de gando á última sesión foi de 1.291 reses, 68 menos que á do pasado 15 de outubro. Houbo 1.104 cabezas de vacún menor (50 menos que na sesión anterior); 45 de vacún mediano (a mesma cantidade que na sesión anterior) e 142 de vacún grande (18 reses menos que na sesión anterior).

Da habitual enquisa realizada entre as persoas usuarias do mercado que concorreron a esta sesión, deduciuse que se manteñen os prezos da sesión anterior, para o vacún de recría, o mediano e o maior de abasto.

Pódense cotizar todas as cotizacións na seguinte táboa de prezos:

COTIZACIÓNS AMIO 22.10.2025

Escasez estrutural de oferta, pero detense a tendencia alcista de prezos pola dermatose

O mercado de vacún atravesa unha fase de compás de espera, ata ver como se resolve o brote de dermatose nodular en Cataluña e as consecuencias que iso depara na comercialización da carne cara o exterior.

En Mercolleida, unha das lonxas de referencia en vacún a nivel estatal, a súa analista de vacún, Violeta Sancho, valora o momento actual do mercado como de “calma tensa”, logo de que se frease a tendencia alcista de prezos.

Unha realidade do mercado é que existe unha escasez estrutural de oferta de vacún para carne, pero tamén é certo que esta é unha época de menor consumo, á espera de que se aproxime o Nadal. E a maiores están as consecuencais da dermatose nodular, que está a afectar a algúns mercados de exportación, principalmente de gando vivo ó Magreb.

Con todo, parte dos matadoiros teñen dificultades para cubrir as súas necesidades. Haberá que esperar a próximas semanas para ver como evoluciona a situación.

Dermatose nodular: Asturias e Cantabria suspenden as feiras de gando, con 17 focos xa en Girona

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información