O Observatorio do Mercado Lácteo da Unión Europea publicou este mércores as últimas cotizacións dos produtos lácteos, destacando a baixada xeralizada, con maior intensidade no caso da manteiga. O prezo do leite spot en Italia mantense estable nos 0,515 euros o litro.
En concreto, no territorio da UE as cotizacións desta última semana de setembro para os produtos lácteos son as seguintes:
-Manteiga: 615 €/100 kg, -6,4 % nas últimas catro semanas
-Leite desnatado en po (SMP) 226 €/100 kg, -3,7 % ,,
-Leite enteiro en po (WMP): 389 €/100 kg, – 5,1 % ,,
-Queixo cheddar: 446 € /100 kg + 0,1 % nas últimas catro semanas
Como se pode observar na seguinte gráfica, a caída das cotizacións é xeneralizada na Unión Europea dende o mes de xuño, e responde en boa medida á corrección do importante sobreprezo que manteñen os lácteos europeos nos mercados internacionais, o que lle resta competitividade fronte aos de Estados Unidos ou Nova Zelandia:

En canto á situación dos principais países exportadores de lácteos, Estados Unidos é máis competitivo nos prezos da manteiga, do queixo e do leite en po desnatado, mentres que Nova Zelanda éo no leite en po enteiro.

Descarga aquí o informe completo do Observatorio do Sector Lácteo da Unión Europea
Galego








Control OJD