O Mercado de Amio acusou este mércores un notable descenso da afluencia de gando, debido á xornada festiva do martes, que xa condicionou tamén a actividade na Central Agropecuaria de Galicia. Así, houbo 1.311 reses, o que supón 517 menos que a semana anterior. Contabilizáronse 1.077 cabezas de vacún menor (466 menos), 104 de vacún mediano (11 menos) e 130 de vacún grande (40 reses menos).
En canto ás cotizacións, apréciase unha tendencia á baixa nos prezos do gando de recría de raza Frisoa. Ademais, a sondaxe realizada entre os usuarios do mercado tamén amosou que se mantiveron os prezos da sesión anterior para todo o gando de recría, o mediano e o maior.
Tampouco houbo variacións nos prezos da carne comercializada baixo o selo da Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Ternera Gallega. A mesa de cotizacións acordou manter os mesmos valores para todas as categorías e calidades desta carne.
Máis información
–Táboa de cotizacións de Amio (2-XI-2022).