O mercado de Amio celebrou hoxe unha nova poxa e presenta unha subida de 0,10 euros das canles do vacún mediano de matadoiro.
En relación á asistencia do gando, na xornada de hoxe rexistráronse 2.342 reses, 731 máis que á do 23 de outubro. En detalle, houbo 2.128 cabezas de vacún menor (724 máis que na sesión anterior); 62 de vacún mediano (+26) e 152 de vacún grande (-18).
Finalmente, na xornada de hoxe os vogais da Mesa de Prezos da Indicación Xeográfica Protexida Ternera Gallega decidiron, por maioría, subir 0,05 euros os prezos das canles de ambas as categorías: Suprema e Ternera.
Máis información
– Táboa completa dos prezos de Amio (06-XI-2024)