Tendencia á alza esta semana nos prezos dos produtos lácteos nos mercados internacionais

O Observatorio do Mercado Lácteo da Unión Europea publicou este xoves as cotizacións da terceira semana de xullo dos produtos lácteos, destacando a clara recuperación dos prezos. Está por ver se consolida esta recuperación dentro da tendencia de fortes altibaixos que seguen os prezos dos derivados do leite trala supresión das cotas lácteas no ano 2015.

Captura de pantalla 2026-07-23 124212

En concreto, no territorio da UE as cotizacións desta terceira semana de xullo para os produtos lácteos son as seguintes:

-Manteiga: 396 €/100 kg, +3 % nas últimas catro semanas
-Leite desnatado en po (SMP) 274 €/100 kg, + 1,5 % ,,
-Leite enteiro en po (WMP): 332 €/100 kg, +3 % ,,
-Queixo cheddar: 332 € /100 kg +3,4 % nas últimas catro semanas

O prezo do leite spot en Italia mantense nos 0,485 euros o litro.

Tanto en Estados Unidos como en Nova Zelandia as últimas cotizacións dos derivados lácteos son as seguintes:

Captura de pantalla 2026-07-23 124236

En canto á poxa da cooperativa neozelandesa Fonterra celebrada esta semana rematou cunha suba do 1,5%. En concreto, a baixada do prezo da manteiga (-0.6%), e do queixo (+2%), compensouse cunha suba do leite en po desnatado (+2.8%) e do enteiro (+1.6%).

Por último, o informe do Observatorio do Sector Lácteo da Unión Europea avanza que os costes de alimentación para as ganderías de vacún de leite baixaron de media nun 4,8 % nesta terceira semana de xullo en relación a hai un mes e os de enerxía incrementáronse nun 6,6 %.

Captura de pantalla 2026-07-23 124327

Descarga aquí o informe completo do Observatorio do Mercado Lácteo da Unión Europea

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información