As cotizacións deste martes da Central Agropecuaria de Galicia, en Silleda, caracterizáronse pola baixada xeneralizada nos prezos dos becerros de recría, unha caída que foi máis moderada na categoría de 21 a 50 días, a máis numerosa. No vacún maior os prezos experimentaron unha lixeira suba.
Deste xeito, nos tenreiros de Cruce, os machos de menos de 20 días pagáronse a unha media de 297 euros, mentres que os de 21 a 50 días -a categoría máis numerosa-, cotizáronse a 341 e a 426 euros os de máis de 51. A pasada semana os prezos foron de 335, 346 e 470 €, respectivamente.
Nos becerros de recría de Frisona, os machos de menos de 20 días pagáronse a unha media de 85 euros, o mesmo que o pasado martes. Nos de 21 a 50 días, a categoría máis numerosa, rexistrouse unha lixeira baixada: unha media de 101 euros por xato, oito menos que a semana pasada. Pola contra, nos de máis de 51 días os prezos medios subiron: a cotización media foi de 144 euros por animal fronte aos 128 do pasado martes.
No vacún maior os prezos medios subiron lixeiramente respecto aos da pasada semana, agás en Categoría Primeira, onde experimentaron unha baixada: pasaron de 1.140 euros a 1.073 €. Pola contra. as vacas de Segunda, a categoría máis numerosa das tres, pagáronse a unha media de 707 €, sete máis que a pasada semana. Nas vacas de desvelle o prezo medio tamén subiu: foi de 430 euros, fronte aos 421 do pasado martes.
As cotizacións quedaron do seguinte xeito:
Suba nos ovos de L e M e coello sen cambios
Polo que respecta ás mesas de prezos, nos ovos acordouse manter os prezos: as categorías XL e S quedaron en 1,55 e 1,06 euros a ducia, respectivamente, mentres que a L subiu un 0,01% ata os 1,35 €. Idéntica suba se acordou para os de clase M, que quedaron nos 1,24 € a ducia.
Nos coellos, non houbo cotización. En Madrid, onde se marcan os prezos para Galicia, mantivéronse os 1,85 €/kilo da pasada semana.
Sen cambios no porco cebado e nos bacoriños
En porcino, a mesa de prezos acordou manter as cotizacións despois de varias semanas consecutivas de baixadas. En Alemaña, o referente europeo para os prezos do porcino, os prezos caeron esta semana un 0,03%.
En canto aos leitóns acordouse manter os prezos da pasada semana. Deste xeito quedaron nos 25,5 euros os procedentes de varias explotacións e nos 30,5 euros os procedentes dunha única explotación.
As cotizacións de porcino cebado quedaron do seguinte xeito: