Tendencia á baixa nos mercados de vacún

As mesas de prezos de Amio baixan 2 céntimos as cotizacións da categoría Suprema da IXP Ternera Gallega e manteñen os valores en recría e becerros de abasto, a pesar da debilidade do mercado

Os mercados de vacún de carne manteñen unha tendencia á baixa na demanda, segundo aprecian os vogais das mesas de prezos de Amio. Esta semana, a mesa da IXP Ternera Gallega acordou unha baixada de 2 céntimos nos prezos das canais de todas as calidades da categoría Suprema, xa que considera que nestes momentos hai un exceso de oferta.

Na mesa de prezos de Abasto, decidiuse por unanimidade dos vogais manter os prezos do gando de recría e dos becerros de abasto igual que na sesión anterior, se ben apréciase unha forte tendencia á baixa en ambos mercados. En vacún maior, sobe 5 céntimos o prezo da clasificación O3.

A asistencia de gando á feira de Amio foi de 2.269 reses, 158 menos que o pasado 20 de xaneiro. Houbo 1.720 cabezas de vacún menor, 234 de vacún mediano e 299 de vacún grande.

Máis información
Táboa completa das cotizacións do mercado de Amio (27-I-2016)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información