Os prezos do gando que concurriu hoxe ao recinto feiral do Mercado de Amio mantéñense estables, aínda que se observa unha tendencia á alza, provocada pola escaseza de oferta, segundo indican dende a organización.
En canto aos precios da Ternera Gallega, os vogais da Mesa de Prezos da Indicación Xeográfica Protexida decidiron por maioría subir 0,03 euros os prezos de todas as categorías e calidades desta carne.
Finalmente, os datos de asistencia van en ascenso chegando ás 1.441 reses, 97 máis que na do 29 de xaneiro. En detalle, houbo 1.227 cabezas de vacún menor (91 máis que na sesión anterior) 68 de vacún mediano (+31) e 146 de vacún grande (-25).
Máis información
– Táboa completa de cotizacións (05-02-2025)