Tendencia á alza en Ternera Gallega e gando de abasto

As mesas de prezos de Amio detectan un repunte da demanda, que se podería reflectir na táboa de prezos da próxima sesión. En gando de recría, baixadas en cruces e rubia galega

As cotizacións de Ternera Gallega e do gando de abasto continúan unha semana máis sen cambios nas mesas de prezos de Amio, se ben percíbese unha demanda á alza que podería repercutir nunha mellora de cotizacións en próximas sesións, segundo a valoración dos vogais das mesas.

En gando de recría, por razóns de axuste técnico subíronse 50 euros os prezos da calidade regular das femias descostradas de rubia galega, en tanto que houbo baixadas de 5 euros nos machos descostrados cruzados. En lactantes, baixadas de 5 euros en machos de rubia galega e de 10 euros nas calidades extra e boa dos cruzados de cor.

A asistencia de gando á sesión desta semana foi de 2.185 reses, 119 menos que o pasado 1 de xuño. Houbo 1.727 cabezas de vacún menor, 226 de vacún mediano e 232 de vacún grande.

Máis información
Táboa completa das cotizacións de Amio (8-VI-2016)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información