Temor a unha baixada de prezos da pataca na Limia polo peche da hostalaría

Publicidade
Temor a unha baixada de prezos da pataca na Limia polo peche da hostalaría

Os agricultores da Limia, a principal zona produtora de pataca de Galicia, ven con temor o peche ou reducción da actividade da hostalaría , a princicipal consumidora de pataca Agraria, unha variedade que copa arredor dun 70% da produción nesta comarca.

A piques de rematar a recolección -quedan arredor de 100 hectáreas na zona da Lagoa sobre un total dunhas 3.400- a produción este ano foi arredor dun 20% menor debido ás altas temperaturas do verán que prexudicaron o crecemento do tubérculo.

Sen embargo, a diminución da oferta non se está a traducir en mellores prezos para os agricultores da Limia; ao contrario, albíscase un ano de prezos baixos, debido ao peche do canal HORECA como consecuencia da pandemia do coronavirus.

Amador Díaz Penín, presidente da Asociación de Produtores de Pataca da Limia, recoñece que “temos moita incerteza se segue o peche da hostalaría, porque moita da pataca Agria destínase a frito e a consumo nos menús”. “O impacto pode ser moi grande, pois arredor do 70% da pataca da Limia vai para canal HORECA e aínda que temos capacidade para almacenala e facer unha boa conservación do tubérculo en espera de mellores prezos, todo ten un límite, e en marzo ou abril tería que estar vendida”, explica.

Menor producción da variedade Agraria e boa colleita e prezos para a Kennebec

Servando Álvarez Pousa, director do Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro en Xinzo de Limia, estima que “este ano recolleranse na Limia uns 100 millóns de quilos de pataca, por debaixo da media dun ano normal que está nos 120 millóns de quilos”.

As causas están nas altas temperaturas dos meses de xuño, xullo e agosto, que prexudicaron o desenvolvemento da pataca da variedade Agria. “Na Kennebec os rendementos foron moi bos, sobre todo as que se plantaron antes, cunha media de 40 toneladas por hectárea, e moi boa calidade e tamaño. É ademais unha variedade que responde ben á calor, de forma que para o crecemento por riba dos 30 graos pero logo volve retomar a maduración dos tubérculos. Pola contra, para a Agria, a predominante na comarca, foi un ano malo pois afectoulle peor as altas temperaturas do verán, sobre todo as que se plantaron tarde. Así, houbo moita pataca pequena, segundos crecementos, patacas furadas e unha produción media que estivo por debaixo das 35 toneladas por hectárea”, explica.

Ademais de menos colleita os prezos tamén están a ser inferiores nesta variedade, cunha media neste momento de 10 céntimos o quilo en venda libre e 13 céntimos en contrato, ao que se acolleu este ano menos da metade da produción pola previsión de que os bos prezos do mercado libre da anterior campaña continuasen este ano.

Onde si está a haber alegría de prezos e de demande é na variedade Kennebec:”O mercado demanda pataca de carne branca e este ano en venda directa ao almacenista está por riba dos 20 céntimos o kilo, e a apañada a man e certificada polo Consello Regulador da IXP Pataca de Galicia págase sobre 25 céntimos”, destaca Servando Álvarez Pousa.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información