Radiografía do leite en Galicia: un sector punteiro en Europa que factura máis de 3100 millóns de euros
A Fundación Juana de Vega vén de presentar o seu informe sobre o sector leiteiro galego. O documento recolle parámetros que xa son unha constante para os gandeiros de Galicia. Os prezos en orixe máis baixos do estado, o pouco volume de industrialización ou o peche de granxas ano tras ano están entre as constantes máis negativas. Manter as cifras de produción e o número de vacas, ser a novena rexión produtora dentro de Europa ou abranguer o 41,5% de todo o leite español estarían entre as positivas. Pero o estudo tamén recolle outros apartados pouco coñecidos pero non menos importantes