Suba de 2,5 céntimos e revalorización da graxa no novo contrato do Grupo Lence
Leite Río e Leyma parten dun prezo base de 45 céntimos que se incrementa con primas por volume, calidades e fidelización até superar os 52 céntimos no caso das granxas máis grandes. A empresa busca incentivar a mellora das calidades subindo de novo a graxa, que pasa a valer medio céntimo por cada décima que supere o 3,80%