Estratexias sanitarias fronte ás tres enfermidades que máis preocupan na gandería europea
Enfermidade Hemorráxica Epizoótica (EHE), febre aftosa (FA) e lingua azul (LA) están a afectar o gando europeo. Alén das baixas nos rabaños, tamén hai un importante impacto económico polas restricións ao movemento de animais e a baixada de produción que conleva. Prevención, tratamento e erradicación son as diferentes estratexias para facerlles fronte dende un sector veterinario cada vez máis dixitalizado.