"Estamos coa concentración parcelaria desde fai 20 anos e aínda non se deu acabado"
Felipe Varela segue mantendo a explotación de 30 vacas que tiñan os seus pais no Val do Carrio, en Lalín, onde posúe unha carnicería para vender directamente a carne. O gando, de distintas razas, está en extensivo pero o minifundio da zona dificulta o manexo