
A localidade de Teixeiro, no concello de Curtis, acolle o domingo, 3 de agosto a XXIV edición da Festa do Cabalo. A Programación destacada é a que segue:
10:00 h – Concurso Morfolóxico Oficial da Copa Galicia
• Sección Sementais maiores de tres anos
• 10:30 h – Sección Eguas maiores de tres anos
• 11:00 h – Concurso de Cabalos Cruzados maiores de 3 anos
• 11:30 h – Concurso de Ponis (machos e femias xuntos)
• 12:00 h – Concurso Morfolóxico de Eguas Cruzadas maiores de 3 anos
Probas de Andadura:
Pista 1 – Non federados
• 12:30 h – Andadura galega tradicional (dous tempos)
• 13:00 h – Andadura chapeada (catro tempos)
• 16:00 h – Andadura galega tradicional
• 16:30 h – Andadura chapeada
Pista 2 – Federados (Campionato Galego de Andadura)
• 10:30 h – Andadura tradicional (cabalo de menos de 1,50 metros)
• 11:30 h – Andadura chapeada (cabalo de menos de 1,50 metros)
• 17:00 h – Andadura tradicional (cabalo de máis de 1,50 metros)
• 18:00 h – Andadura chapeada (cabalo de máis de 1,50 metros)
18:00 h – Gran espectáculo ecuestre con Santi Serra, recoñecido internacionalmente polas súas exhibicións de doma natural e conexión co cabalo.
19:15 h – Entrega de premios
19:30 h – Sorteo dun equipo completo de equitación entre as persoas participantes
Galego







Control OJD