Tegestacin declara o seu “compromiso” cun prezo “digno” do leite tanto aos gandeiros como aos consumidores

A propietaria da antiga planta de Leche Pascual en Outeiro de Rei nega que adebede 105.000 euros a 11 gandeiros, tal como denunciou Unións Agrarias. Asegura que se está levando a cabo un importante investimento na factoría pero prefire non desvelar datos dos novos accionistas da empresa nin do volume actual de recollida

Una de las siete líneas de envadado de la planta de Outeiro de Rei que opera Tegestacin

Unha das liñas de envasado da planta de Outeiro de Rei propiedade de Logística Alimentaria

Tegestacin SL, que opera a antiga planta de Leche Pascual en Outeiro de Rei, nega as acusacións realizadas este mércores polo sindicato Unións Agrarias durante un acto de protesta levado a cabo diante da fábrica para denunciar unha suposta débeda de 105.000 euros que a industria arrastra con 11 gandeiros que decidiron cambiar de empresa no ano 2015 e aos que esta non tería aboado o leite entregado o último mes.

A empresa, que forma parte de Loxística Alimentaria, cualifica de “falsas” as acusacións de UUAA e indica que a “suposta débeda” que reclaman os gandeiros son “diferenzas de prezos da campaña 2014/2015 completamente indebidas, cuxa procedencia xa foi resolta polos Xulgados e Tribunais competentes”.

“Este tipo de concentracións e manifestacións son medidas de presión ilexítimas que só pretenden amedrentar a esta empresa e tratar de conseguir na rúa o que os Tribunais de Xustiza desestimaron”, afirma en relación ao acto de protesta realizado diante da súa factoría, ao tempo que ameaza con adoptar “as medidas legais correspondentes por presuntas coaccións e actuacións violentas”.

Forte investimento na planta

Tegestacin prefire non desvelar quen son os novos socios que están a envasar leite na planta de Outeiro de Rei tralos cambios producidos coa entrada de novos accionistas pero avanza que “estase levando a cabo unha importante aposta de investimento”.

Manifestamos o noso compromiso co sector lácteo galego a pesar das dificultades do sector a nivel global

“Manifestamos o noso firme compromiso coa plena sustentabilidade do sector e coa defensa dun prezo digno do leite tanto na produción como no liñal”, din finalmente en relación á venda de leite a baixo prezo, sen entrar a comentar o feito de que briks da marca Santé, envasados na planta de Outeiro de Rei, se estén a vender en cash de Andalucía a 49 céntimos o litro.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información