A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Tecnoloxía, híbridos contrastados e manexo técnico: a folla de ruta de Syngenta para esta campaña de millo

Máis aló da xenética, a densidade de sementa consolídase como unha das variables máis determinantes desde o punto de vista económico.

Tecnoloxía, híbridos contrastados e manexo técnico: a folla de ruta de Syngenta para esta campaña de millo

Pedro Martíns, SE Sales Area Manager Atlantic.

Para a campaña de millo 2026 na Cornixa Atlántica, Syngenta aposta por un enfoque integral que combina xenética adaptada, optimización de densidades e un manexo agronómico preciso. Todo isto respaldado por ferramentas dixitais e un acompañamento técnico continuo en campo, cun obxectivo claro: maximizar a rendibilidade do gandeiro a través da calidade do silo.

“Hoxe máis ca nunca, cada decisión en campo ten impacto directo na conta de resultados da explotación. Por iso traballamos en axustar cada recomendación á realidade de cada parcela”, explica Pedro Martíns, SE Sales Area Manager Atlantic.

Híbridos adaptados a cada realidade produtiva

A elección do híbrido segue a ser o punto de partida. Syngenta estrutura o seu catálogo en función do ciclo e do destino do cultivo, con referencias consolidadas como SY Andromeda en ciclos longos e SY Sandro en ciclos medios, e opcións máis precoces como SY Minerva ou SY Impulse.

A estas súmase SY Evident, unha das novidades da campaña, que destaca polo seu potencial tanto en silo como en gran.

“O que buscamos é que o agricultor poida elixir con seguridade. Non se trata só de potencial produtivo, senón de estabilidade, sanidade e adaptación á data de sementeira”, sinala Martins. “Estamos vendo moi bos resultados en híbridos como SY Sandro, especialmente en explotacións que priorizan regularidade”.

Tamén gaña protagonismo a solución Maximaize 511, que combina tres híbridos do mesmo ciclo nunha soa bolsa, achegando maior homoxeneidade en campo.

Densidade: clave para a rendibilidade

Máis alá da xenética, a densidade de sementeira consolíidase como unha das variables máis determinantes desde o punto de vista económico.

Syngenta recomenda axustar a densidade en función do híbrido, da data de sementeira e do potencial produtivo da parcela, traballando con rangos amplos que permiten identificar o óptimo económico.

“A tendencia é clara: non buscamos a máxima produción teórica, senón a mellor marxe. E iso pasa por afinar moito a densidade”, apunta Pedro. “Cada parcela responde de forma diferente, e aí é onde o asesoramento técnico marca a diferenza”.

A dixitalización permite avanzar un paso máis, incorporando estratexias de densidade variable dentro da mesma finca.

Control de malas herbas e insectos: precisión no momento

O manexo de malas herbas e pragas segue a ser un piar fundamental, especialmente en campañas marcadas por condicións climáticas irregulares. Desde Syngenta insístese na importancia do momento de aplicación, tanto en preemerxencia como en postemerxencia.

“O agricultor cada vez é máis consciente de que aplicar no momento axeitado é tan importante como o produto que utiliza”, destaca Pedro Martins. “O noso traballo é acompañalo para tomar esas decisións con precisión”.

Neste ámbito, tamén se incorporan melloras en seguridade e manexo, como o envase EvoPac, que reduce riscos durante a manipulación.

Dixitalización: decisións baseadas en datos

A base de todas estas recomendacións é o coñecemento xerado a través de ensaios e análises de campo, que se traduce en ferramentas dixitais como Cropwise®.

Esta plataforma permite tomar decisións sobre elección varietal ou densidade de sementeira, incorporando ademais novas funcionalidades como a integración de mapas de rendemento e análise de chans mediante INTERA® Scan.

“A dixitalización non é o futuro, é o presente. Permítenos axustar cada decisión ao potencial real da parcela”, afirma Martins. “O agricultor que traballa con datos ten unha vantaxe clara”.

Do campo ao silo: conservar o valor

O traballo non remata na colleita. A calidade do silo depende en gran medida do proceso de ensilaxe, onde entran en xogo solucións como os inoculantes baseados en bacterias específicas.

O obxectivo é preservar a materia seca, manter o valor nutritivo e mellorar a estabilidade aeróbica, factores clave para a alimentación do gando.

“Unha boa campaña pódese perder no silo se non se xestiona correctamente. Por iso é importante acompañar o gandeiro en todo o proceso”, conclúe Martins.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *