Taller de poda do castiñeiro o día 22 en Lugo

poda castinheiro 1O distrito forestal IX Lugo-Sarria da Consellería do Medio Rural organiza o día 22 de novembro, sábado, un taller de poda do castiñeiro.

A formación, que conta coa colaboración do concello de Lugo e de Campo Lab, impartirase na plantación de castiñeiros do polígono das Gándaras de Lugo. Para poder participar deberase preinscribir no seguinte enderezo de FORAGRO buscando polo nome do curso: https://foagro.xunta.gal/foagro/inscripcion/publica/accionsFormativas

Esta acción formativa está impulsada polo e aprobada dentro do plan de formación e transferencia da consellería do Medio Rural 2025 a través de AGACAL.

Para máis información enviar un correo a distrito.forestal9@xunta.gal ou chamar ao 982 828 620

Cartaz_taller_poda_castiñeiro_nov_25

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información