Taller de mantemento e seguridade con rozadora

Publicidade
Data inicio: 05/10/2018
Data fin: 06/10/2018
Lugar: Centro De Capacitacion Forestal De Lourizán, Pontevedra.

O Centro de Formación e Experimentación Agraria de Lourizán organiza un obradoiro práctico de 2 días sobre o mantemento e manexo da rozadora de man. A actividade desenvolverase na tarde do venres 5 de outubro, en horario de 15 a 19 horas, e o sábado 6 durante todo o día, en horario de 9 a 13 horas e de 15 a 19 horas.

O primeiro día, o venres, explicaranse os elementos do motor e de seguridade da rozadora, así coma o programa de mantemento da mesma. Tamén se abordarán os riscos asociados ó seu emprego, consellos de protección individual e colectiva e normativa de prevención e protección ambiental a ter en conta.

Para o sábado, está prevista a realización dun programa de mantemento e posta a punto da rozadora e unha demostración do seu emprego con diferentes elementos de corte e en diferentes superficies.

Os relatores serán persoal docente do Centro de Formación e Experimentación Agraria de Lourizán. As persoas interesadas en asistir ó taller, que ten carácter gratuíto, teñen que escribir antes do xoves 4 ás 12 horas ó email cfea.lourizan (arroba) edu.xunta.gal. O número de prazas é de 15. Poden participar traballadores de empresas forestais e de xardinería, agricultores activos, persoas que se incorporen ó sector primario, mulleres do rural e outras persoas que estean interesadas en iniciarse no uso da rozadora.

Para máis información, pódese chamar ó teléfono 986-805.088.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información