A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Syngenta sementes de millo: Sempre investigando e desenvolvendo

Syngenta sementes de millo: Sempre investigando e desenvolvendo

O ensilado de millo asume en Galicia e toda a Cornixa Cantábrica unha importancia fundamental na alimentación das vacas de leite, por ser unha forraxe moi enerxética, fácil e económica de producir. Ademais diso, os produtores están bastante familiarizados co cultivo do millo e co modo de producir ensilado. Pero, producir ensilado de millo de calidade a día de hoxe non é unicamente sementar, cultivar e colocar no silo. Co prezo do leite sufrindo variacións constantes, desgraciadamente máis a baixa do que á alza, engadido a un aumento dos custos de produción e a unha dimensión pequena das parcelas, o produtor ten que ser máis esixente coas forraxes que produce na explotación e analizar ao céntimo a súa actividade se quere ter unha explotación rendible e competitiva.

O ensilado de millo é unha forraxe na que a calidade depende esencialmente de factores como a xenética, o ambiente e o manexo do cultivo. A elección da data e densidade de sementeira, manexo de fertilizantes, rega, data de colleita, tamaño e altura do corte, tipo de procesamiento do gran, almacenamento e utilización do silo teñen unha influencia grande na calidade do silo de millo e dependen fundamentalmente das decisións do produtor.

Outra das decisións do produtor que tamén impacta na calidade do silo é a elección da variedade a sementar. As princicipais características nas que deben asentar a elección son: o rendemento en gran e o rendemento en materia seca (unha vez que o gran representa case 50% da materia seca e é altamente dixestible). Tamén é importante que a variedade teña un ciclo adaptado á zona, sexa estable e presente unha boa sanidade e tolerancia contra enfermidades. O último factor que debe pesar na elección é a dixestibilidade da fibra. A pesar de ser o ambiente, en especial durante a fase de desenvolvemento do cultivo, o principal responsable polas grandes diferenzas na dixestibilidade da fibra, existen diferenzas entre variedades no que se refire a este parametro.

Un silo de millo cunha dixestibilidade da fibra maior, xeralmente está constituída por partículas máis fráxiles que se descompoñen en partículas máis pequenas máis facilmente, e por iso teñen un paso máis rápido polo rume proporcionando ao animal unha maior capacidade de inxesta que se traduce nunha maior produción de leite. Un estudo de 1999 apunta que, un aumento do 1% da dixestibilidade da fibra proporciona un aumento na inxesta de silo de 170 gramos e na produción de leite de 250 gramos por vaca/día. Outros estudos publicados na revista de gran reputación Journal of Dairy Science validan o aumento da capacidade de inxesta e na produción de leite asociado a un valor máis elevado na dixestibilidade da fibra.

Powercell: un programa para producir millos máis dixestibles e adaptados á ración

A consecuencia do anterior e observando as tendencias na selección e necesidades do millo silo europeo, Syngenta anticipouse a esta problemática establecendo o programa Porwercell e a tecnoloxía Artesian a mediados da década do 2000.

A través do programa Powercell, Syngenta decidiu situar a calidade do quilo de materia seca no centro da súa selección xenética. Os nosos melloradores teñen como obxectivo producir millos máis dixestibles e adaptados á ración, aumentando así a eficiencia nutricional durante todo o ano. Non eliximos entre fibra dixestible e contido de almidón, senón que os híbridos Powercell achegarán dúas fontes de enerxía: un alto nivel de fibra dixestible e unha taxa de almidón adecuada para proporcionar ao gandeiro unha fonte realmente eficiente en enerxía.

Un equilibrio enerxético que lle brinda múltiples beneficios, grazas ás variedades Powercell:

-Máis enerxía
-Maior eficiencia alimentaria
-Máis consistencia enerxética no momento de colleita
-Mellor adaptación ás racións de verán e inverno

Híbridos Artesian: Millo capaz de xerar unha produción moito máis eficiente en condicións de estrés hídrico

En canto aos híbridos con tecnoloxía Artesian cabe destacar que grazas ao noso programa de mellora específico, a través dos nosos ensaios, contan con múltiples xenes e rutas metabólicas para adaptarse mellor a situacións de estrés hídrico durante practicamente calquera etapa de crecemento. Desta forma son os mellores híbridos nos nosos ensaios específicos sometidos a distintos niveis de estrés hídrico en distintas fases do cultivo (prefloración, postfloración, etc).

Nas mellores condicións agronómicas e climáticas, os híbridos Artesian™ son capaces de expresar o máximo potencial produtivo do seu ciclo de madurez. No caso de condicións de estrés hídrico puntual, estes híbridos son capaces de xerar unha produción moito máis eficiente que as variedades convencionais.

Os híbridos Artesian™  aseguran:

-Máxima produtividade en condicións hídricas óptimas.
-Menor descenso produtivo no caso de estrés hídrico.
-Maior eficiencia hídrica

Froito de toda esta investigación e procura dunha semente de calidades excelentes, púidose desenvolver unha serie de híbridos, todos eles cun potencial tanto produtivo como de calidade por riba da media. Algúns dos nosos híbridos máis destacados e que merecen unha mencion especial son:

-SY ANDROMEDA
-SY BILBAO
-SY ORPHEUS

Todos estes híbridos conxugan unha excepcional produtividade cunha alta dixestibilidade de forraxe por hectárea, polo enorme potencial en produción de gran e pola gran dixestibilidade da fibra.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *