A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Syngenta presenta Taegro, o novo biofunxicida para o control preventivo de oídio e botrite en viña e uva de mesa

Taegro® é un biofunxicida preventivo para o control de oidio e botryte en viña e uva de mesa que combina varios mecanismos de acción. Estamos ante un produto autorizado tanto en modo de produción convencional, como en control integrado e en agricultura ecolóxica.

Syngenta presenta Taegro, o novo biofunxicida para o control preventivo de oídio e botrite en viña e uva de mesa

Un momento da presentación de Taegro

Syngenta presentaba esta semana o seu novo plan de compromisos coa agricultura sustentable, “The Good Growth Plan”. Un programa que se iniciou en 2013 e que cumpriu con éxito practicamente todos os obxectivos marcados de extensión de biodiversidade, protección de auga e chan e formación en boas prácticas agrícolas. O novo plan inclúe o investimento de 2.000 millóns de dólares no próximos cinco anos, para acelerar a súa innovación coa introdución de dous novos avances tecnolóxicos ao ano que contribúan a combater os efectos do cambio climático na agricultura.

Con este compromiso, Syngenta anunciou este pasado xoves a posta a disposición dos agricultores dun novo biofunxicida para viña e uva de mesa Taegro®, unha solución natural e sustentable para o control de oídio e botrite en viña. Nunha presentación realizada de forma virtual a través de internet, tanto a distribución de Syngenta, como técnicos, adegas, agricultores profesionais e prensa especializada, puideron coñecer os beneficios desta nova solución en viña.

Taegro® é un biofunxicida microbiano baseado en Bacillus amyloliquefaciens cepa FZB24, que actúa sobre os fungos parásitos da viña de diferentes modo. O produto está destinado á prevención de oídio e botrite en viña e uva de mesa, cun posicionamento flexible e integrado co amplo catálogo de Syngenta.

Taegro® actúa de forma natural, xa que durante o proceso de crecemento do bacillus este multiplícase, creando cadeas que forman unha capa de protección na superficie da folla, evitando desta forma que poidan instalarse os patóxenos e competindo con eles. Os bacillus producen ademais sustancias con acción inhibidora contra os propios patóxenos, activando as defensas naturais das plantas.

Entre os principais beneficios de Taegro® destacan a súa flexibilidade para incluílo en diferentes estratexias de control contra oídio e botrite; así como o seu respecto absoluto pola fauna auxiliar, xa que en todos os ensaios realizados non se viu ningún efecto adeverso sobre organismos beneficiosos.

Pero, seguramente, a vantaxe máis importante deste novo biofunxicida para os viticultores, adegueiros e exportadores de viño, é que Taegro® non presenta prazo de seguridade e está exento de Límite Máximo de Residuos (LMR).

Con Taegro® estamos ante unha nova solución sustentable de Syngenta para o control de oídio e botrite en viña e uva de mesa; eficaz a baixas doses; totalmente respectuoso coa fauna auxiliar, os polinizadores e o aplicador; sen LMR, e pódese utilizar en programas de xestión de resistencias e en todo tipo de sistemas de control, xa sexa convencionais, de produción integrada ou ecolóxicos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información