A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

A sustentabilidade no vacún de carne: un reto que se converte en obxectivo de DeHeus

A sustentabilidade no vacún de carne: un reto que se converte en obxectivo de DeHeus

Xatos en Finca Villadangos

Espérase que, en 2050, a poboación mundial se teña incrementado até alcanzar os 9.800 millóns de persoas. Neste contexto, a demanda mundial de alimentos experimentará un incremento do 56%, mentres que as necesidades de proteína de orixe animal aumentarán un 70%. Producir suficientes alimentos seguros, saudables e alcanzables para esta poboación crecente será o gran reto.

Entre os alimentos de orixe animal máis valiosos e demandados en todo o mundo destaca a carne de vacún, debido á súa grande achega nutricional. A gandaría leva tempo experimentando unha evolución, que se acelerou na última década. Trátase non só dun progreso á alza dos censos, senón tamén dunha serie de cambios conxunturais que levaron a cambiar a perspectiva, non só aos produtores, senón a todos os integrantes da cadea de valor gandeira.

O consumidor final é cada vez máis esixente e, a iso, debemos sumar a crise económica actual e un rexeitamento ao consumo de certas carnes que teñen a súa orixe na desinformación e nos cambios de hábitos xeracionais.

Citando ao doutor Antonio Escribano, especialista en endocrinoloxía e nutrición, o metabolismo das persoas é unha orquestra na que a carne, na súa xusta medida, é un instrumento clave; este metabolismo ten moi bo oído e, se falta o instrumento carne, a medio-longo prazo, a orquestra non soa igual.

de_heus_standar

A sustentabilidade é a garantía de que podamos seguir facendo o mesmo no futuro nós e as próximas xeracións. De aquí nace o concepto de sustentabilidade da saúde: non fagamos nada que poida condicionar a nosa saúde a medio prazo. E, neste sentido, a carne é un alimento clave.

Como parte do equipo técnico de De Heus e da cadea de valor da carne, a nosa responsabilidade e razón de ser inclúen garantir a sustentabilidade do sistema de produción de carne nas súas tres vertentes:

-Sustentabilidade económica: queremos conseguir que as granxas sexan rendibles e poidan ser viables mesmo en situacións tan volátiles como a actual.

-Sustentabilidade a nivel benestar animal: deseñamos racións que permiten expresar o potencial xenético dos animais e incrementan a súa lonxevidade sen comprometer a súa saúde.

-Sustentabilidade ambiental: reducindo a cantidade total de emisións ao medio ambiente.

En termos de sustentabilidade económica, a produtividade depende da eficiencia da alimentación na granxa, definida, no caso do vacún de carne, a través do índice de conversión (IC), que define a cantidade necesaria de penso para producir un quilo de carne.

Porén, debe terse en conta que o tres vertentes da sustentabilidade son interdependientes. Dous terzos da proteína metabolizable (proteína utilizable polo animal a nivel intestinal) provén da fermentación dos alimentos a nivel ruminal. É lóxico pensar, entón, que o funcionamento ruminal é a clave da sustentabilidade das granxas.

A saúde ruminal definirá a expresión do potencial xenético dos animais e permitiralles ser máis produtivos durante máis tempo, parámetros que xogan un papel esencial na competitividade de calquera explotación.

No caso dos rumiantes, existe un indicador que axuda a determinar a saúde dos rabaños: o balance ruminal. Este balance ruminal condiciona a eficiencia de alimentación e, como consecuencia, a eliminación ao medio ambiente de nutrientes non aproveitados na súa totalidade no tracto dixestivo, como é o caso do nitróxeno. Neste sentido, De Heus desenvolveu o Plan Kovital, formulado con ingredientes sustentables e de alta calidade, e que contribúe a reducir a pegada de carbono.

O Plan baséase no sistema de formulación SFOS, que sincroniza a degradación de materia orgánica a nivel ruminal e combina as materias primas incluídas na formulación coa achega de forraxes da explotación, buscando o equilibrio adecuado para cada situación. Este sistema adáptase a todos os rumiantes. SFOS é, en definitiva, sinónimo de saúde ruminal, eficiencia e respecto polo medioambiente.

Reducir a pegada de carbono: un reto que se converte en obxectivo para De Heus

O noso sector segue padecendo a presión en constante aumento de reducir as emisións de CO2 e a pegada de carbono na produción gandeira. Impulsados polos Acordos de París, un tratado internacional legalmente vinculante para frear o cambio climático, a maioría dos países adoptaron como obxectivo limitar o quecemento global por baixo de 2ºC, preferiblemente a non máis de 1,5ºC.

Dado que a produción gandeira é responsable dunha parte das emisións globais de GEI, traballamos para dar resposta ás peticións dos nosos socios da cadea de subministración, os gobernos e a ONG, reducindo a pegada de carbono os nosos produtos.

Para conseguilo, servímonos de medios como a modificación dalgunhas das materias primas que utilizamos, abastecémonos no mercado local sempre que sexa posible e facemos que o noso proceso de produción e loxística sexa o máis eficiente posible. Ademais, introducimos solucións técnicas, en forma de aditivos, que reducen aínda máis a emisión de GEI nas explotacións. Ante todo, cremos que é importante poder satisfacer as demandas dos nosos socios da cadea de subministración cando se trata de reducir a nosa pegada de carbono.

O noso departamento de Nutrición Animal iniciou un proxecto que ten como obxectivo optimizar a pegada de carbono dos nosos produtos (nivel de entrada en granxa) para todas as unidades de negocio en todas as especies, tendo en conta a orixe das materias primas que utilizamos e desenvolvendo un modelo para cada especie, co que podamos cuantificar o efecto de diferentes factores na pegada de carbono por kg de produto final (leite, carne e ovos). Este modelo, no que os nosos equipos xa están a traballar, utilizarase para asesorar aos nosos clientes sobre os pasos que poden dar na súa explotación para reducir aínda máis a pegada de carbono dos seus produtos.

Pascar®, programa de comercialización e certificación vacún de carne de vacún de De Heus

DE HEUS 5 Pascar

Como empresa de orixe familiar, somos sensibles a esta situación do sector e, no marco da nosa filosofía de traballar “de xeito conxunto” co gandeiro, facendo nosas as súas preocupacións, pomos todo o empeño en axudar aos nosos clientes a que poidan cumprir coas esixencias dun mercado cada vez máis globalizado e esixente. Non só traballamos un negocio en mercado libre, senón que achegamos coñecemento técnico e adquirimos compromisos cos produtores a medio e longo prazo coa intención de estimular o desenvolvemento sustentable do sector. Neste sentido, De Heus ofrece aos seus clientes o servizo Pascar®, un programa de comercialización de carne de vacún que achega asesoramento e valor engadido ao gandeiro.  Pero que ademais posúe as certificacións de Animal Welfare (Benestar Animal) e CDC (Círculo de Calidade).

A certificación de Animal Welfare baséase en 4 principios:

-Boa Alimentación

-Bo Aloxamento

-Boa Saúde

-Comportamento Apropiado

Pola súa banda, a certificación CDC cumpre coas seguintes especificacións:

1.- Animais 100% Orixe España.

2.- Alimentación 100% vexetal.

3.- Idade de sacrificio de 12 a 24 meses.

4.- Tempo mínimo en cebadoiro de 5 meses.

5.- Non recibir ningún tratamento antibiótico.

6.- Nos primeiros 5 meses de vida (lactación) tampouco a nai pode someterse a ningún tratamento antibiótico.

O sector pódese sentir orgulloso de alcanzar os estándares de calidade esixidos polo mercado en materia de benestar animal, a regulación de medicamentos, a rastrexabilidade “da granxa á mesa”, o investimento en xenética, a regulamentación de transporte, etc.

Non obstante, a fenda existente entre a poboación que vive nas grandes cidades e a que vive no rural vaise facendo máis grande e, como consecuencia diso, aumenta o descoñecemento que existe cara aos produtos cárnicos. É moi importante transmitir os beneficios contrastados do consumo de carne na saúde á parte da sociedade que ostenta a zona media da pirámide de idade, pero tamén aos máis novos.

Queda pois, patente, o compromiso desta compañía coas necesidades do sector de vacún de carne. A nosa aposta pola innovación ten o obxectivo de ofrecer aos gandeiro produtos eficientes, sustentables e respectuosos co medio ambiente, tendo como prioridade a saúde e o benestar dos animais, así como a rendibilidade da súa explotación. E, todo iso, sen perder de vista o horizonte de 2050.

Un artigo de Carlos Bernárdez Domínguez, responsable de Comercialización de Pascar, e de Ramiro Fernández Vuelta, xefe de Desenvolvemento de Negocio Rumiantes de De Heus.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *