Este venres e sábado, 12 e 13 de marzo, emitiranse en formato online as “VIII Jornadas Internacionais de Bovinicultura”, organizadas pola Associação Internacional de Estudantes de Agricultura Universidade de Tras os Montes e Alto Douro (Portugal).
As xornadas analizarán cuestións de actualidade para a gandería de vacún, como a súa sustentabilidade medioambiental, como mellorar a percepción social do sector, así como os beneficios nutricionais do leite ou da carne de vacún e aspectos técnicos (manexo da alimentación, sanidade animal ou novos equipamentos para o sector).
As ponencias correrán a cargo de expertos tanto de Portugal como doutros países (César Resch, do CIAM; Jude Capper, do Reino Unido, ou Ana Pimenta, gandeira australiana que explicará o sistema australiano que permite producir carne de vacún cunha alimentación 100% a base de pasto).
Velaquí o programa:
Máis información e inscripcións nesta ligazón.