Suspendidas desde este venres en Galicia as queimas agrícolas e forestais

Medio Rural adopta como medida preventiva a suspensión temporal das queimas agrícolas e forestais de particulares desde este venres

Publicidade

queima_agricolas_01_standarA Consellería do Medio Rural adoptou, como medida preventiva ante o incremento das temperaturas, a suspensión temporal -desde este venres, 29 de maio, e ata novo aviso- das queimas de restos agrícolas e forestais realizadas por particulares en Galicia. Polo tanto, non se autorizarán máis permisos e os xa concedidos non terán validez a partir deste venres.

A medida preventiva adoptouse tras avaliar a evolución da situación meteorolóxica e unha vez analizados polo miúdo os diferentes indicadores técnicos que inciden no risco de lume. Tense ademais en conta que a normativa establece a suspensión das queimas cando as condicións meteorolóxicas poidan dificultar o seu control.

Asemade, a Xunta pide unha vez máis a colaboración da cidadanía para que extreme as precaucións e denuncie calquera actividade delituosa incendiaria da que teña coñecemento, dado que desde o venres e ata novo aviso non está permitido o uso do lume para ningunha actividade agrícola e forestal por parte dos particulares. A maiores, a Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información