A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

SUPRACTYL, o bioestimulante rexenerativo que aumenta a produción e calidade do millo

O produto, deseñado por Timac Agro, incorpora unha supramolécula que optimiza a bioestimulación, con efectos beneficiosos para o binomio solo-planta

La aplicación de Supractyl mejora el stay Green de la planta, que mantiene todas sus hojas vivas hasta el momento del ensilado

Supractyl mellora o ‘stay green’ da planta, mantendo todas as súas follas vivas até o momento do ensilado

O principal reto da agricultura actual é vencer os límites de produción e calidade en situacións cada vez máis esixentes e competitivas. En ocasións, a baixa calidade dos solos de cultivo afecta a súa capacidade para reter nutrientes e ao seu potencial fertilizante. Ao mesmo tempo, períodos prolongados de seca someten a planta a condicións de estrés.

Neste contexto, xorde Supractyl Core, un bioestimulante rexenerativo deseñado para optimizar o desenvolvemento celular e mellorar a absorción de nutrientes. A eficacia da gama Supractyl, deseñada por Timac Agro, reside na inclusión dunha supramolécula de última xeración. A súa misión é controlar o fluxo de achega das diferentes substancias bioestimulantes contidas no produto.

Maior dispoñibilidade de nutrientes

Os ensaios técnicos de Timac Agro demostraron que a aplicación en millo de Supractyl Core actúa directamente sobre os nutrientes bloqueados ou retrogradados no solo e na planta, logrando melloras específicas na súa mobilización.

Con Supractyl, o millo aproveita ata un 20% máis de nitróxeno, un 50% máis de fósforo e un 30% adicional de potasio. Potencia ademais unha maior absorción de micronutrientes

Deste xeito, o millo é capaz de aproveitar ata un 20% máis de nitróxeno, un 50% máis de fósforo e un 30% máis de potasio, ademais doutros micronutrientes como o boro, o ferro, o manganeso e o cinc, incrementando de forma significativa a súa asimilación por parte da planta (+20% de boro, +17% de ferro, +20% de manganeso e +30% de cinc).

Son micronutrientes específicos con funcións clave: o ferro optimiza a fotosíntese para evitar a clorose férrica, o manganeso activa sistemas enzimáticos esenciais, o cinc é fundamental para a síntese de hormonas de crecemento e o boro para a floración.

Supractyl estimula o desenvolvemento de raíces secundarias e pelos absorbentes, mellorando a respiración radicular

Ao mesmo tempo, Supractyl interactúa co solo e activa a vida microbiana, exercendo unha serie de accións sobre a rizosfera, estimulando o desenvolvemento de raíces secundarias e pelos absorbentes, coa mellora da respiración radicular.

Aplicación

Finca de maíz en la que se aplicó Supractyl a una mitad y a la otra mitad no, con diferencias en el desarrollo de la planta

Finca de millo na que á metade se aplicou Supractyl e á outra metade non, con diferenzas no desenvolvemento da planta

Supractyl absórbese tanto por vía foliar como por vía radicular, polo que pode aplicarse en calquera momento do cultivo, ata a floración. As doses recomendadas son de 2-3 litros por hectárea, podendo chegar ata os 5 litros.

Para mesturas no tanque, debe consultarse previamente cos técnicos (ver contactos ao pé do artigo). Timac Agro dispón tamén en Galicia de servizo de aplicación con dron.

Comparativa dunha parcela na que se aplicou Supractyl e outra testigo, sen a aplicación.

Comparativa dunha parcela na que se aplicou Supractyl e outra testigo, sen a aplicación.

Protección fronte ao estrés

A aposta polos bioestimulantes na nutrición vexetal faise imprescindible nun contexto de cambio climático, con períodos de seca prolongados que someten a planta a estrés.

Existen tres tipos de compostos bioactivos en Supractyl que exercen a acción rexenerativa:

  • O C-Ax 1 para un maior desenvolvemento vexetal, que se encarga de activar a división celular, o crecemento e a xeración de estruturas vexetais.
  • O C-Ax 2 para unha maior actividade metabólica, que estimula os fluxos enerxéticos que optimizan o aproveitamento final da fotosíntese.
  • O C-Ax 3 con efecto rexenerativo e antiestrés, que estimula os procesos metabólicos e defensivos da planta.

Deste xeito, Supractyl axuda a planta a superar calquera tipo de estrés, xa sexa por condicións climáticas ou polo efecto de tratamentos herbicidas, que poden exercer certa toxicidade sobre a planta.

Modo de acción

O gran avance de Supractyl, que marca a diferenza con respecto á bioestimulación tradicional, é a existencia da molécula SMR, que, a modo de supraestrutura de almacenamento complexa, consegue maximizar a eficacia dos compoñentes bioestimulantes.

Ao contactar coas células da superficie radicular, prodúcese unha disgregación en unidades moleculares de menor tamaño que, á súa vez, experimentan cambios conformacionais que facilitan a liberación de substancias bioestimulantes activas, que pasan ao interior da planta.

DISTRIBUIDORES EN GALICIA (Tel. e whatsapp):

A Coruña norte: 609 667 591
A Coruña sur: 630 064 413
A Coruña leste: 646 064 967
Lugo norte: 650 681 874
Lugo centro: 618 455 418
Lugo sur: 609 627 705
Pontevedra: 609 667 591

supractyl

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *