As cotizacións deste martes da Central Agropecuaria de Galicia caracterizáronse pola subida dos tenreiros de recría, sobre todo os de Frisoa. O vacún maior tamén experimentou unha lixeira baixada de prezos na categoría segunda, a máis numerosa.
Deste xeito, nos tenreiros de Frisoa, os machos de menos de 20 días pagáronse a unha media de 96 euros, o mesmo que o pasado martes. Con todo, a cifra representativa é a dos de 21 a 50 días, a categoría máis numerosa, onde a media foi de 123 euros por xato, fronte aos 107 da semana pasada. Nos tenreiros de máis de 51 días houbo tamén unha lixeira subida de prezos: 150 euros de media por animal fronte aos 142 do pasado martes.
Nos becerros de recría de Cruzamento industrial a tendencia foi tamén á alza. Nos tenreiros de menos de 20 días os prezos medios foron de 370 euros de media por animal fronte aos 192 da pasada semana. Pola contra, na categoría máis numerosa e representativa, a de 21 a 50 días, o prezo medio dos machos foi de319 euros, fronte aos 333 do pasado martes. E nos xatos de máis de 51 días houbo unha lixeira subida das cotizacións: 452 euros fronte aos 448 da anterior sesión.
No vacún maior a tendencia xeral foi a unha lixeira baixada. Deste xeito, quedaron en 1.073 euros de media en categoría primeira, 715 en segunda -a máis numerosa- e 430 na de desvelle. A pasada semana as cotizacións foron de 1.072, 721 e 425 euros, respectivamente.
As cotizacións quedaron da seguinte maneira:
Ovos á baixa
Polo que respecta ás mesas de prezos, nos ovos acordouse unha lixeira baixa nas cotizacións, excepto na categoría XL que quedou en 1,17 euros a ducia. Pola contra, as demais categorías baixaron un 0,03%: a L ata os 1,06 euros por ducia; a M quedou en 1,02 euros e o prezo para a S tamén baixou un 0,03% ata situarse nos 0,90 euros.
Nos coellos, non houbo cotización. En Madrid, onde se marcan os prezos para Galicia, os prezos mantivéronse nos 1,50 €/quilo.
Sen cambios en porco cebado e nos leitóns
En canto ao porco cebado, a mesa de prezos acordou manter os prezos para as categorías Selecta e Normal, que quedaron nos 0,955 e 0,930 euros por quilo, respectivamente. A Canle II tamén se mantivo nos 1,208 euros por quilo.
En Alemaña, o referente europeo para os prezos do porcino, esta semana os prezos mantivéronse estables nos 1,28 euros o quilo.
En canto aos leitóns acordouse manter os prezos. Deste xeito quedaron nos 31 euros os procedentes de varias explotacións e nos 36 euros os procedentes dunha única explotación.
Os prezos do porcino quedaron da seguinte maneira: