As cotizacións do mercado de gando de Amio rexistraron esta semana unha suba xeral na Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Ternera Gallega. A mesa de prezos acordou un incremento de 4 céntimos na categoría Suprema e de 2 céntimos na categoría de Ternera. Namentres, o restos de mesas de cotizacións mantivéronse sen cambios con respecto á semana anterior.
En canto á afluencia de gando, na sesión de hoxe rexistráronse 2.148 reses, 11 máis que a semana pasada. Houbo 1.705 cabezas de gando vacún menor (42 máis que na sesión anterior), 227 de de vacún mediano (32 menos) e 199 de vacún grande (13 menos).
Máis información
– Táboa completa das cotizacións de Amio (04-VII-2018).