Subastan un boi en Silleda por 4.082 euros

As cotizacións deste martes na Central Agropecuaria de Galicia caracterizáronse pola suba nos becerros Frisóns para recría. Soben os ovos e o porco cebado mantense sen cambios.

Subastan un boi en Silleda por 4.082 euros

Imaxe do touro subastado hoxe en Silleda.

A poxa de vacún maior da Central Agropecuaria de Galicia, en Silleda, rexistrou hoxe un récord anual no prezo dun exemplar. Un boi de raza Rubia Galega procedente dunha explotación de Cerdido (A Coruña)  foi adquirido polo matadoiro Frigoríficos Bandeira (Silleda) por 4.082€. O récord anual situábase ata hoxe nos 3.405,5€ pagados por unha vaca tamén de raza rubia galega o 7 de abril. En canto ao récord absoluto na categoría de vacún maior (que tamén o é da propia Central), mantense nos 5.021€ pagados por un boi o 3 de xuño de 2014.

Polo demáis, os prezos da poxa de hoxe caracterizáronse pola suba nos becerros para recría de raza Frisona, agás nos xatos máis novos. Os de menos de 20 días pagáronse a unha media de 115 euros; a 147 € o de 21 a 50 días, e a 157 euros o de máis de 50. A pasada semana os prezos foron de 121, 141 e 148 €, respectivamente.
En canto aos becerros de recría de cruce industrial, as cotizacións baixaron lixeiramente respecto á semana pasada, agás nos machos de 21 a 50 días, que pasaron de 326 a 340 €.

As cotizacións quedaron do seguinte xeito:

COTIZACIONS_SILLEDA_VACUN_23_05_2015

Fonte: Central Agropecuaria de Galicia

Suba nos ovos
Polo que respecta ás mesas de prezos, nos ovos acordose unha nova suba do 0,06%. Deste xeito, os ovos quedaron nos 1,46 € para os XL; 1,26 € a ducia para a categoría L; 1,14 para a M, e 0,99 € a ducia para os de clase S.
Nos coellos, non houbo cotización. En Madrid, as cotizacións seguen nos 1,40 €/kilo.

Estabilidade no porco cebado e no leitón

En porcino, a mesa de prezos acordou manter as cotizacións do porco cebado, agás en desvelle, onde baixou un 0,02%.

Nos principais mercados europeos os prezos cotizaron á baixa, con descensos do 0,04 % en Alemaña, do 0,07% en Holanda, mentres que en Dinamarca mantivéronse sen cambios.

En canto aos leitóns, despois de varias semanas de baixadas, acordouse manter os prezos.

As cotizacións de porcino cebado quedaron do seguinte xeito:

COTIZACIONS_SILLEDA_PORCINO_23_05_2015

Fonte: Central Agropecuaria de Galicia

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información