O Observatorio do Mercado Lácteo da Unión Europea publicou este mércores as cotizacións desta primeira semana de marzo dos produtos lácteos, destacando a recuperación dos prezos da manteiga e do leite en po, unha alza iniciada en febreiro tras varios meses de continuos descensos.

En concreto, no territorio da UE as cotizacións desta primeira semana de marzo para os produtos lácteos son as seguintes:
-Manteiga: 430 €/100 kg, +4,1 % nas últimas catro semanas
-Leite desnatado en po (SMP) 237 €/100 kg, +4,6 % ,,
-Leite enteiro en po (WMP): 321 €/100 kg, +3,4 % ,,
-Queixo cheddar: 335 € /100 kg -0,7 % nas últimas catro semanas
O prezo do leite spot en Italia marca mínimos dos últimos anos e sitúase enos 0,21 euros o litro.
En Estados Unidos e Oceanía (Australia e Nova Zelandia) as últimas cotizacións están a ser tamén á alza:

En canto ás últimas cotizacións do Global Dairy Trade (GDT), a principal subasta internacional de lácteos, operada pola cooperativa neozelandesa Fonterra, concluíu a súa poxa desta semana cunha suba dos produtos lácteos do 5,7 %. Así, houbo unha suba do 4,5 % no leite en po enteiro, o desnatado revalorizouse un 9,1 % respecto á última poxa; a cotización da manteiga subiu un 6,1 %, mentres que a cotización do queixo remontou nun 4,3%.

Por último, o informe do Observatorio do Sector Lácteo da Unión Europea avanza que os costes de alimentación para as ganderías de vacún de leite subiron de media nun 3,3 % nesta primeira semana de marzo en relación a hai un mes e os de enerxía baixaron nun 1,6 %.
Galego









Control OJD