Subas do vacún maior e baixada dos becerros de recría en Silleda

A Central Agropecuaria de Galicia rexistra unha suba no gando vacún maior e unha baixada nos becerros de recría. Caen os prezos tamén no porcino e nos ovos

Central Agropecuaria de Galicia-Abanca rexistrou este martes unha lixeira suba no gando vacún maior e nos becerros carniceiros mentres que nos becerros de recría, así como nas mesas de negociación a tendencia foi á baixa.

Así, no referido ós becerros de recría de raza Frisoa rexistráronse caídas en todas as categorías. En concreto, os tenreiros de menos de 20 días baixaron en 23 euros o prezo ata situarse nos 53 euros. Nos becerros de entre 20 e 50 días, a categoría máis numerosa e representativa, a caída foi de 13 euros e pasaron a 84 euros. Mentres, os animais de máis de 50 días mantivéronse sen cambios nun prezo medio de 117 euros.

Na recría de razas de cruces industriais a tendencia foi a baixa, pero con excepcións. Deste xeito, nos animais de menos de 20 días o prezo medio subiu en 11 euros e cotizáronse a 268 euros. Pola contra, os becerros de entre 20 e 50 días -a categoría máis numerosa e representativa- afrontaron unha redución de 5 euros e sitúanse nun prezo de 326 euros os machos e de 226 as femias, 17 euros menos que o pasado martes. En canto aos animais de máis de 50 días, incrementaron o seu valor en 10 euros o machos, acadando os 427 euros, mentres que as femias subiron ata os 274 euros, 3 máis que a pasada semana.

Nos becerros carniceiros de cruces industriais o prezo medio foi de 809 euros para os machos, 27 máis que hai unha semana; e 725 euros para as femias, 60 euros menos que o acadado o martes anterior.

O gando de vacún maior tamén experimentou unha suba xeral das cotizacións, agás para as vacas de primeira, que tiveron un prezo medio de 1.099 euros, 4 euros menos que a feira pasada. No caso das de segunda -a categoría máis numerosa- a suba foi de 21 euros para situarse nos 718 euros e os animais de desvelle cotizáronse a 465 euros, logo dunha subida de 11 euros.

silleda 2020 XANEIRO vacun

Baixada no porcino e nos ovos

En canto ó porcino, nas mesas de cotizacións produciuse unha semana máis unha baixada xeral en tódalas categorías. Así, o porco cebado selecto e o normal sitúanse en 1,445 e 1,420 euros o quilo respectivamente, logo dunha baixada de 0,03 euros. Pola súa banda, a categoría de Canle II cotízase a 1,844 euros o quilo, tras unha redución de 0,039 euros. Nos animais de desvelle, a baixada foi de 0,01 euros situándose agora nun intervalo de 0,78 e 0,84 euros.

No caso dos leitóns non houbo variacións, e o bacoriño de 20 quilos procedente dunha única granxa mantense en 74 euros e os animais chegados de varias ganderías cotízanse a 69 euros. O prezo por quilo é de 3,7 e 3,45 euros respectivamente.

Os ovos rexistraron unha baixada de 0,040 euros en tódalas categorías de maneira que os prezos quedan do seguinte xeito: os ovos da categoría XL cotízanse a 1,39euros a ducia, os da L a 1,26 euros, os da M están en 1,15 euros e os da S a 0,93 euros. O prezo das galiñas de desvelle continúa sen variacións, situándose entre os 0,06 e os 0,14 euros por quilo.

Mentres, na Lonxa de Madrid, esta semana o prezo do coello mantívose sen cambios e cotízase a 1,65 euros o quilo.

silleda 2020 XANEIRO porcino

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información