Os prezos do gando que concorreu hoxe ao recinto feiral do mercado de Amio mantéñense igual que o 6 de novembro. Aínda que, segundo indican desde a organización, obsérvase lentitude no comercio do vacún maior de abasto.
Con todo, os vogais da Mesa de Prezos da Indicación Xeográfica Protexida Ternera Gallega decidiron por maioría subir 0,3 euros os prezos das canles de Suprema e 0,05 euros os da categoría Ternera.
En canto á asistencia de gando, na xornada de hoxe concorreron 1.499 reses, 843 menos que á anterior. Así, houbo 1.264 cabezas de vacún menor (864 menos que na sesión anterior); 66 de vacún mediano (+4) e 169 de vacún grande (+17).
Máis información
– Táboa de cotizacións de Amio (13-XI- 2024)