Subas nos prezos da recría de cruce no Mercado de Amio

Subas nos prezos da recría de cruce no Mercado de Amio

Mercado de gando de Amio. // Foto de arquivo.

A sesión deste mércores no Mercado de gando de Amio (Santiago) deixou subas de 10 euros nos prezos da recría de cruces industriais de cor, segundo a sondaxe realizada entre os usuarios da feira.

Pola súa banda, a Mesa de Prezos da IXP Ternera Gallega acordaron manter os prezos para tódalas clases e categorías desta carne. Ademais, segue apreciándose un mercado da carne de Suprema moi pesado, con animais no límite de idade para ser certificados, debido ó escaso vigor da demanda.

Nesta feira contabilizáronse 1.564 reses, o que supón 146 animais menos que a semana pasada. Houbo 1.269 cabezas de vacún menor (175 menos que na sesión anterior), 128 de vacún mediano (9 menos) e 167 exemplares de vacún grande (38 reses menos).

Máis información
–Táboa de cotizacións de Amio (11-V-2022).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información