Subas nos becerros frisóns no Mercado de Amio

Subas nos becerros frisóns no Mercado de Amio

Nave de recría do mercado de Amio. // Foto de arquivo.

Na sesión deste mércores no Mercado de gando de Amio (Santiago) apreciouse unha suba de 10 euros nos prezos do vacún menor de raza Frisoa, segundo a sondaxe realizada entre os usuarios do mercado. Por razóns de axuste técnico, tamén se levou a cabo unha suba xeral dos prezos do vacún mediano e maior.

En canto á Mesa de Cotizacións da Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Ternera Gallega acordaron manter sen cambios os prezos para tódalas clases e categorías desta carne. Esta mesma semana agárdanse os resultados do estudo que está a realizar a Consellería de Medio Rural sobre o impacto da suba dos custos de produción no sector.

En canto á asistencia de gando, contabilizáronse 1.838 reses, o que supón 47 animais máis que a semana pasada. Houbo 1.508 cabezas de vacún menor (56 máis que na sesión anterior), 154 de vacún mediano (23 máis) e 176 exemplares de vacún grande (32 reses menos).

Máis información
– Táboa de cotizacións de Amio (27-IV-2022).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información