Os vogais da Mesa de Prezos da IXP Ternera Galega acordaron unha suba de 0,05 euros nos prezos das canais de Suprema e Ternera agás na clase U, onde a suba para ambas categorías foi de 0,07 euros.
Esta semana houbo unha reducida afluencia de gando ó Mercado de Amio, rexistrándose só 157 reses, cando o habitual é situarse arredor dos 1.500 animais. Estas baixas cifras débense, en gran medida, a que non houbo recría. En concreto, só se contabilizaron 31 exemplares de vacún mediano e 125 de vacún maior. Tampouco houbo variacións nos prezos e mantivéronse os da semana pasada.
Máis información
– Táboa completa dos prezos de Amio (30-X-2024)