Subas na recría no Mercado de Amio

Subas na recría no Mercado de Amio

Instalacións do mercado de gando de Amio, en Santiago de Compostela. // Foto de arquivo.

Na sesión deste mércores no Mercado de gando de Amio (Santiago) rexistrouse unha suba de 10 euros nos prezos da recría tanto nos animais de raza Frisoa coma nos cruces industriais de cor. Tamén se produciron subas puntuais nos prezos de vacún mediano e no maior de abasto, derivadas dun axuste técnico, según indicaron dende a organización do mercado de gando.

Pola súa banda, a Mesa de prezos da Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Ternera Gallega, que fixa os prezos neste mercado, acordou manter as cotizacións para tódalas categorías e calidades deste selo.

En canto á asistencia de gando, contabilizáronse 1.704 reses, o que supón 47 animais menos que a semana pasada. Houbo 1.345 cabezas de vacún menor (71 menos que na sesión anterior), 129 de vacún mediano (10 menos) e 230 exemplares de vacún grande (34 reses máis).

Máis información
– Táboa de cotizacións de Amio (2-III-2022).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información