A lonxa de Silleda rexistrou esta semana unha suba significativa nos prezos medios dos xatos frisóns de recría, que no caso da categoría de 21 a 50 días, a máis numerosa, cotizaron a 414 euros de media (+52 euros en comparación coa anterior sesión).
Tamén levan varias semanas á alza ás femias cruces de recría de 21 a 50 días, que se venderon a 618 euros de media (+ 46 euros en comparación coa anterior sesión). Distinto é o caso dos machos cruce da mesma categoría, que se manteñen en prezos similares nas últimas poxas, onte a 715 euros (- 4 euros).

Pasteiros
Os pasteiros experimentaron un lixeiro descenso, en comparación coas semanas previas. Os cruces cotizaron a 1.252 euros ( – 63 euros en comparación coa pasada semana), en tanto os rubios a 1.337 (- 50 euros).

Vacún maior e becerros carniceiros
Esta semana a tendencia de prezos no vacún de abasto foi de lixeira baixada, coas vacas de categoría extra nunha media de 2.486 euros (- 70 euros). No caso dos becerros carniceiros, os cruces -a categoría máis numerosa- suman un par de semanas de baixada e vendéronse onte a unha media de 1.783 euros (- 32), en tanto os rubios a 1.966 (+ 51).

Porcino
Nas mesas de prezos de porcino, as cotizacións de porco cebado subiron 5 céntimos / Kg. e tamén cotizaron á alza os bacoriños (+ 5 euros / unidade).
Pode ver tódolos prezos e cotizacións neste documento.
Galego





Control OJD